Hóspede: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Bioloxía mediante HotCat
Liña 16: Liña 16:


== Tipos de hospedeiros no parasitismo ==
== Tipos de hospedeiros no parasitismo ==
Falando de parasitos, chámase '''hospedeiro primario''' a aquel onde desenvolve a maior parte da súa existencia e, sobre todo, o sue crecemento. Chámase '''hospedeiro secundario''' ao que alberga ao parásito só nunha fase inicial do seu crecemento, case sempre en relación coa súa dispersión e para facilitar o seu ingreso no hospedeiro primario. Por exemplo, os [[Nematoda|nematodos]] do xénero ''[[Anisakis]]'', que producen [[anisakiase]] en humanos, fanno porque os seus hospedeiros primarios naturais son [[Mammalia|mamíferos mariños]], de [[fisioloxía]] parecida á humana, mentres que os hospedeiros secundarios son, en momentos sucesivos do sue desenvolvemento, pequenos [[Crutacea|crustáceos]] inicialmente, e logo [[Pisces|peixes]], cando devoran aos primeiros. A infestación de cetáceos ou de seres humanos prodúcese cando comen os peixes. Outro exemplo é o das especies de ''[[Plasmodium]]'' que infectan a los seres humanos, [[protista]]s [[Apicomplexa|apicomplexos]] que producen a [[malaria]], caso no que el hospedeiro secundario é un [[mosquito]] do xénero ''[[Anopheles]]'', que actúa como [[vector biolóxico|vector]] da enfermidade.
Falando de parasitos, chámase '''hospedeiro primario''' a aquel onde desenvolve a maior parte da súa existencia e, sobre todo, o sue crecemento. Chámase '''hospedeiro secundario''' ao que alberga ao parasito só nunha fase inicial do seu crecemento, case sempre en relación coa súa dispersión e para facilitar o seu ingreso no hospedeiro primario. Por exemplo, os [[Nematoda|nematodos]] do xénero ''[[Anisakis]]'', que producen [[anisakiase]] en humanos, fanno porque os seus hospedeiros primarios naturais son [[Mammalia|mamíferos mariños]], de [[fisioloxía]] parecida á humana, mentres que os hospedeiros secundarios son, en momentos sucesivos do sue desenvolvemento, pequenos [[Crutacea|crustáceos]] inicialmente, e logo [[Pisces|peixes]], cando devoran aos primeiros. A infestación de cetáceos ou de seres humanos prodúcese cando comen os peixes. Outro exemplo é o das especies de ''[[Plasmodium]]'' que infectan a los seres humanos, [[protista]]s [[Apicomplexa|apicomplexos]] que producen a [[malaria]], caso no que el hospedeiro secundario é un [[mosquito]] do xénero ''[[Anopheles]]'', que actúa como [[vector biolóxico|vector]] da enfermidade.


En función da súa '''utilidade para o parasito''' existen varios tipos de hospedeiros:
En función da súa '''utilidade para o parasito''' existen varios tipos de hospedeiros:

Revisión como estaba o 4 de agosto de 2012 ás 19:38

En bioloxía chámase hospedeiro, hospedador, hospedante e tamén hóspede,[1] a aquel organismo que alberga a otro no seu interior ou que o porta sobre si, ben sexa nunha simbiose, ou como parasito, comensal ou mutualista.

O uso do termo hóspede en bioloxía vai en contra do que ten na linguaxe cotiá, onde significa hospedado, non hospedador. Isto débese a que a palabra hóspede procede do latín hospes, hospitis, que representaba no latín clásico a mesma parella de significados contraditorios: o que alberga e o que é albergado, duplicidade que se adoita manter, por moitos autores, no campo científico (que é bastante conservador en materia terminolóxica).

Porén, debido á ambigüidade do termo, que naturalmente tamén se produce nourtros idiomas romances, moitos científicos prefiren, para a bioloxía, os termos hospedador (do latín hospitator),[2] ou hospedante.[3] En castelán, tamén avogan por hospedero (equivalente ao galego hospedeiro) moitos autores e tradutores.[4] [5]

Os dicionarios galegos non inclúen as voces hospedador nin hospedante (que poderían ser adxectivos, e susbtantivos, derivados normais de hospedar,[6] [7] nin tampouco, o da RAG, hospedeiro; pero si que o fai o Gran Xerais da lingua,[8] e o da editotial Ir Indo,[9] polo que parece lóxico utilizar este termo, ampliando o seu campo semántico, para os ssignificados biolóxicos, como de feito xa o fan diversos autores na cada vez máis florecente literatura científica no noso idioma. Na nosa lingua irmá, o portugués, tamén se usa hospedeiro en bioloxía.

Tipos de hospedeiros e as súas interaccións

Cómpre falar de hospedeiro sempre que haxa unha relación de dependencia dun sistema biolóxico (un ser vivo ou un virus) respecto a outro sobre o que habita, xa sexa de maneira continua, xa sexa de forma temporal. Isto pode ocurrer en interaccións próximas dos seguintes tipos:

  • Parasitismo. Os endoparasitos residen permanentemente, polo menos nalgunhas etapas do seu desenvolvemento, no interior do seu hospedeiro, ocupando ás veces hospedeiros sucesivos en distintas fases do seu ciclo. Os endoparasitos adoitan gardar unha extrema especificidade de relación cos seus hospedeiros, dependendo a miúdo de unha ou unhas poucas especies relacionadas. Os ectoparasitos, por exemplo os hematófagos, poden ou adoitan seren menos exixentes, pero non sempre; por exemplo, nas eirugas das bolboretas é común unha dependencia moi estreita respecto á planta nutricia.
  • Patoxénese. Moitos virus, bacterias, fungos e pequenos animais, producen enfermidades, o que representa unha forma extremada de parasitismo. A relación dos patóxenos adoita ser especialmente específica, porque a evolución tende a producir unha adaptación do hospedeiro ao patógeno; só cando un axente encontra unha nova especie hospedeira a relación adopta a forma típica.
  • Comensalismo. Os comensais adoitan seren menos selectivos cos hospedeiros que escollen, tanto nos casos de forese (o transporte do organismo máis pequeno polo máis grande) ou inquilinismo como nos de dependencia alimentaria.
  • Mutualismo. Os fungos micorrizantes son diversamente dependentes respecto á súa planta hospedeira. O mesmo pode dicirse das bacterias fixadoras de nitróxeno e das bacterias intestinais que axudan á dixestión.

Tipos de hospedeiros no parasitismo

Falando de parasitos, chámase hospedeiro primario a aquel onde desenvolve a maior parte da súa existencia e, sobre todo, o sue crecemento. Chámase hospedeiro secundario ao que alberga ao parasito só nunha fase inicial do seu crecemento, case sempre en relación coa súa dispersión e para facilitar o seu ingreso no hospedeiro primario. Por exemplo, os nematodos do xénero Anisakis, que producen anisakiase en humanos, fanno porque os seus hospedeiros primarios naturais son mamíferos mariños, de fisioloxía parecida á humana, mentres que os hospedeiros secundarios son, en momentos sucesivos do sue desenvolvemento, pequenos crustáceos inicialmente, e logo peixes, cando devoran aos primeiros. A infestación de cetáceos ou de seres humanos prodúcese cando comen os peixes. Outro exemplo é o das especies de Plasmodium que infectan a los seres humanos, protistas apicomplexos que producen a malaria, caso no que el hospedeiro secundario é un mosquito do xénero Anopheles, que actúa como vector da enfermidade.

En función da súa utilidade para o parasito existen varios tipos de hospedeiros:

  • Hospedeiro definitivo: designa un ser vivo que é imprescindíbel para o parasito xa que este desenvolverá principalmente a súa fase adulta no anfitrión.
  • Hospedadeiro intermediario: designa a un hospedadeiro igualmente imprescindíbel no ciclo vital do parasito, onde este desenvolve algunha ou todas as fases larvarias ou juvenís. Ás veces confúndense co termo "vector" e se considera como hospedeiro intermediario ao invertebrado que participa no ciclo vital, sendo en moitas ocasións o home e os vertebrados os anfitrións intermedios, e os invertebrados os definitivos.
  • Hospedeiro paraténico: é como se denomina o ser vivo que serve de refuxio temporal e de vehículo para acceder ao hospededeiro definitivo. O parasito non evoluciona neste e, por tanto, non é imprescindíbel para completar o seu ciclo vital, aínda que xeralmente aumenta as posibilidades de supervivencia e transmisión. Tamén se denomina hospedeiro de transporte.

Un hospedeiro reservorio é o que alberga, en tanto que hospedeiro primario, a un axente infeccioso ou parasito que pode invadir ocasionalmente tamén o organismo humano ou o dunha especie de interese económico. Prodúcese un salto desde a orixe de zoonoses, enfermidades procedentes de animais e, ocasionalmente, de enfermedides infecciosas emerxentes, cando o axente ou parasito adquire a habilidade de pasar directamente duns seres humanos a outros. Sabemos hoxe que os reservorios dos que proceden as epidemias humanas iniciais de gripe son aves, ou que as dúas formas do VIH, que producen a sida, saltaron á especie humana desde monos africanos.

Notas

  1. 1. Persoa que está hospedada nun lugar, ben como invitada, ben pagando. O cuarto dos hóspedes. 2 Biol. Organismo que alberga outra especie no seu corpo e establece unha relación de simbiose, comensalismo ou parasitismo. (Definición do Dicionario da RAG [1]
  2. Por exemplo, en: Singer, M. e Berg, P. (1993): Genes y genomas. Barcelona: Omega. 1993. Traducido por Luis Ruiz-Ávila, doutor en bioloxía.
  3. Font Quer, P. (1975): Diccionario de botánica. Barcelona: Labor. ISBN 84-335-5804-8.
  4. Martínez, R.; Blanco, N. e González, M. (1989): Diccionario terminológico de biología. La Habana: Editorial Científico-Técnica.
  5. Hospedero é o termo predominante (24 veces) aínda que tamén usan huésped (6) e anfitrión (2) en: Odum, E. P. e Barrett, G. W. (2006): Fundamentos de ecología. (5ª ed.). Traducido por María Teresa Aguilar Ortega e revisado por Álvaro Chaos Cador. UNAM: Cengage Learning Editores. ISBN 970-686-470-9.
  6. 1. Recibir [unha persoa] na casa para que viva nela unha tempada, xeralmente cando é en lugares xa destinados a dar aloxamento e nos que se paga. (Definición do dicionario da RAG [2])
  7. 1. Recibir ou ter como hóspede; albergar, aloxar, apuosentar. (Definición do Gran Xerais da lingua).
  8. Persoa que ten ó seu cargo unha hospadaría. GDXL(1009): Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9914-072-8
  9. Persoa encargada dunha hospedaxe. Dicionario de galego (2004): Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-504-7

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Centers for Disease Control and Prevention (2004). (Flu) Viruses (en inglés) Copnsultada o 04/08/2012.