Ribagorza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: kk:Рибагорса
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: es:La Ribagorza
Liña 40: Liña 40:
[[de:Ribagorza]]
[[de:Ribagorza]]
[[en:Ribagorza/Ribagorça]]
[[en:Ribagorza/Ribagorça]]
[[es:Ribagorza]]
[[es:La Ribagorza]]
[[eu:Ribagorza]]
[[eu:Ribagorza]]
[[fr:Ribagorce]]
[[fr:Ribagorce]]

Revisión como estaba o 4 de agosto de 2012 ás 14:33

Localización da comarca en Aragón.
Concellos da comarca.

A Ribagorza (en catalán: la Ribagorça) é unha comarca situada no extremo nordeste da provincia de Huesca, en Aragón. A súa capital administrativa é Graus e a cultural é Benabarre.

A Alta Ribagorça é outra comarca na provincia de Lleida.

Na Ribagorza fálase, ademais do castelán, o catalán ribagorzano.

Xeografía

Limita ao norte con Francia (departamento de Alto Garona), ao nordés co Val de Arán, ao leste coas comarcas de Alta Ribagorça e Pallars Jussà, ao sueste coa comarca da Noguera (todas elas en en a provincia de Lleida), ao sur coa comarca de La Litera, ao suroeste coa comarca do Somontano de Barbastro e ao oeste coa comarca de Sobrarbe (estas últimas na provincia de Huesca).

Hai tres ríos principais na comarca, que á súa vez conforman tres vales distintos:

En Benasque está o Aneto, o pico máis elevado dos todos os Pireneos, cunha altitude de 3.404 msnm.

Concellos

A comarca engloba aos municipios de Arén, Benabarre, Benasque, Beranuy, Bisaurri, Bonansa, Campo, Capella, Castejón de Sos, Castigaleu, Chía, Estopiñán del Castillo, Foradada de Toscar, Graus, Isábena, Lascuarre, Laspaúles, Monesma y Cajigar, Montanuy, Perarrúa, La Puebla de Castro, Puente de Montañana, Sahún, Santa Liestra y San Quílez, Secastilla, Seira, Sesué, Sopeira, Tolva, Torre la Ribera, Valle de Bardají, Valle de Lierp, Viacamp y Litera e Villanova.

Historia

A súa historia escribiuse con nomes como os de Ramón I de Pallars-Ribagorza, Bernardo Unifredo, Ramón II de Ribagorza, Unifredo de Ribagorza, Arnau de Ribagorza, Isarn de Ribargorza, Toda ou Tota de Ribagorza (1003-1011), Guillermo de Ribagorza (1001-1017) Sancho III o Maior de Navarra, Gonzalo I de Ribagorza e Ramiro I de Aragón (1044).

Pedro I tomou Estada (1087) e Monzón (1089). Rexentou o condado Afonso o Batallador e á súa vez o seu irmán Ramiro II o Monxe que casou á súa filla Dona Petronila co Conde de Barcelona Ramón Berenguer IV, dando orixe á Coroa de Aragón.

Véxase tamén

Ligazóns externas