Deserto de Arabia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: hr:Arabijska pustinja
Liña 31: Liña 31:
[[no:Den arabiske ørken]]
[[no:Den arabiske ørken]]
[[pt:Deserto da Arábia]]
[[pt:Deserto da Arábia]]
[[ru:Пустыни Аравийского полуострова]]
[[sh:Arabijska pustinja]]
[[sh:Arabijska pustinja]]
[[sk:Arabská púšť]]
[[sk:Arabská púšť]]

Revisión como estaba o 4 de agosto de 2012 ás 12:09

Situación do Deserto de Arabia.

O deserto árabe é unha rexión desértica da Península Arábiga, que cobre unha extensión de preto de 2.330.000 km², ocupando case a totalidade do istmo. O ser humano residiu nestes terreos dende épocas do Pleistoceno.

Sitúase na súa maior parte dentro de Arabia Saudita e outras grandes zonas atópanse no interior de Xordania, Iraq, Qatar, Kuwait, Omán, Iemen e os Emiratos Árabes Unidos. O seu relevo avístase alterado por unha serie de cadeas montañosas, con elevacións que alcanzan alturas de 3.700 m e que limitan en tres ladeiras con prominentes acantilados.

Polo menos un terzo do deserto está cuberto por area, como os areais do Rub al-Jali, que se considera un dos máis inhóspitos climas do planeta.