Rexión Norte do Brasil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: simple:North Region of Brazil; modifico: pt:Região Norte do Brasil
Liña 32: Liña 32:
[[no:Norte]]
[[no:Norte]]
[[oc:Region Nòrd (Brasil)]]
[[oc:Region Nòrd (Brasil)]]
[[pt:Região Norte (Brasil)]]
[[pt:Região Norte do Brasil]]
[[ru:Северный регион (Бразилия)]]
[[ru:Северный регион (Бразилия)]]
[[simple:North Region of Brazil]]
[[sq:Rajoni Verior i Brazilit]]
[[sq:Rajoni Verior i Brazilit]]
[[uk:Північний регіон Бразилії]]
[[uk:Північний регіон Бразилії]]

Revisión como estaba o 2 de agosto de 2012 ás 17:42

Rexión Norte.

A Rexión Norte é unha das cinco rexións brasileiras, sendo a máis extensa delas, cunha área de 3.869.637 km², que corresponde o 42,27% do territorio brasileiro. Segundo o IBGE do 2010 tiña 15.865.678 habitantes, o que dá 3,77 hab./km². Formada por sete estados: Acre, Amapá, Amazonas, Pará, Rondônia, Roraima e Tocantins; a Rexión Norte está localizada na rexión xeoeconómica da Amazonía, entre o Macizo das Guianas (ao norte), o planalto Central (ao sur), a Cordilleira dos Andes (a oeste) e o océano Atlántico (a nordeste). Nesta rexión atópanse o maior e o segundo maior estado do Brasil, respectivamente Amazonas e Pará, e tamén os tres maiores municípios do Brasil por área territorial, Altamira, Barcelos e São Gabriel da Cachoeira, posúen cada un máis de 100.000km². Na Rexión Norte localízase un importante ecossistema para o planeta: a Amazonia.

Na rexión predomina o clima ecuatorial con excepción do norte do Pará, do sur do Amazonas e de Rondônia, onde o clima é tropical. A latitude e o relevo explican a temperatura; a temperatura e os ventos explican a humidade e o volume dos ríos; e o clima e a humidade, somados, son responsables da existencia da máis extensa, variada e densa selva do planeta, ou sexa, a Selva Amazónica ou Hileia.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Véxase tamén