1080i: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Características: American Broadcasting Company
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: cs:1080i
Liña 16: Liña 16:
[[ar:أسلوب المسح المرئي 1080i]]
[[ar:أسلوب المسح المرئي 1080i]]
[[ca:1080i]]
[[ca:1080i]]
[[cs:1080i]]
[[de:1080i]]
[[de:1080i]]
[[en:1080i]]
[[en:1080i]]

Revisión como estaba o 30 de xullo de 2012 ás 19:27

1080i (o i vén do inglés interlaced, entrelazado) é un tipo de sinal de vídeo que se obtén da exploración entrelazada dunha escena.

Características

Considérase propio dun sistema de televisión de alta definición xa que utiliza o dobre de liñas que calquera sistema de televisión convencional; e ademais utiliza unha relación de aspecto de 16:9, o que impón que as 1080 liñas de resolución vertical estean compostas de 1920 píxeles de resolución espacial horizontal que dá como resultado un pouco máis de 2 millóns de píxeles.

Os valores típicos de imaxe por segundo son de 25 Hz (1080i/25) para PAL e SECAM, e de 30 Hz (1080i/30) para NTSC. Os dous se poden transmitir por DVB e ATSC, estándares da televisión dixital.

A BBC HD, TVE HD e a maioría das canles asociadas ás estadounidenses ABC, NBC e The CW emiten en 1080i.

Véxase tamén

Outros artigos