Elastina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18: Liña 18:
}}
}}


A '''elastina''' é unha [[proteína]] con funcións estruturais que lle dá elasticidade aos tecidos, a diferenza do [[coláxeno]] que lles proporciona resistencia. É unha proteína de 70 kDa con gran capacidade de expansión, que lembra as propiedades dunha goma [[elástica]]. a elastina está presente en todos os [[vertebrado]]s. <ref>Sage EH & Gray WR 1977 Evolution of elastin and elastin structure, p 291. in; Advances in Experimental Medicine and Biology, vol. 79 LB Sandberg & C Franzblaw, eds) Plenum Press, NY & London</ref>
A '''elastina''' é unha [[proteína]] con funcións estruturais que lle dá elasticidade aos [[tecido conectivo|tecidos conectivos]], a diferenza do [[coláxeno]] que lles proporciona resistencia. A elastina permite que os tecidos do corpo recuperen a súa forma despois de que se estiren ou contrain; por exemplo, axuda a que a pel volva á súa posición orixinal se é beliscada ou apretada, ou que as arterias se contraian e expandan en cada latexo cardíaco.
É unha proteína de 70 kDa codificada nos humanos polo [[xene]] ELN do [[cromosoma 7]].<ref name="pmid8096434">{{cite journal | author = Curran ME, Atkinson DL, Ewart AK, Morris CA, Leppert MF, Keating MT | title = The elastin gene is disrupted by a translocation associated with supravalvular aortic stenosis | journal = Cell | volume = 73 | issue = 1 | pages = 159–68 | year = 1993 | month = April | pmid = 8096434 | doi =10.1016/0092-8674(93)90168-P | url = | issn = }}</ref>. A elastina está presente en todos os [[vertebrado]]s. <ref>Sage EH & Gray WR 1977 Evolution of elastin and elastin structure, p 291. in; Advances in Experimental Medicine and Biology, vol. 79 LB Sandberg & C Franzblaw, eds) Plenum Press, NY & London</ref>


== Estrutura ==
== Estrutura ==

Revisión como estaba o 30 de xullo de 2012 ás 19:07

Elastina
Identificadores
Símbolo ELN
Entrez 2006
HUGO 3327
OMIM

130160

RefSeq NM_001081752
UniProt Q6ZWJ6
Outros datos
Locus Cr. 7 q11.1-21.1

A elastina é unha proteína con funcións estruturais que lle dá elasticidade aos tecidos conectivos, a diferenza do coláxeno que lles proporciona resistencia. A elastina permite que os tecidos do corpo recuperen a súa forma despois de que se estiren ou contrain; por exemplo, axuda a que a pel volva á súa posición orixinal se é beliscada ou apretada, ou que as arterias se contraian e expandan en cada latexo cardíaco. É unha proteína de 70 kDa codificada nos humanos polo xene ELN do cromosoma 7.[1]. A elastina está presente en todos os vertebrados. [2]

Estrutura

Está formada por unha cadea de aminoácidos con dúas rexións: unha hidrofóbica constituída polos aminoácidos apolares valina, prolina e glicina, e outra hidrófila cos aminoácidos lisina e alanina, formando estruturas de tipo hélice alfa. Esta última rexión é a que confiere a elasticidade característica á elastina.

Síntese

A súa biosíntese segue a mesma ruta celular ca o coláxeno; vai desde o retículo endoplasmático, diríxese ao aparato de Golgi e desde alí sae en vesículas secretoras. Non sofre tantas modificacións postraducionais coma o coláxeno, porén, na matriz extracelular dáse un cambio importante. Alí é captada polas microfibrilas (constituídas por fibrilina 1 e fibrilina 2 basicamente) que se encontran asociadas á lisil-oxidase. Este encima encárgase de hidroxilar a lisina a alisina (utilizando vitamina C como cosubstrato) permitindo así o enlace entre os dominios alfa da proteína (un proceso similar ao entrecruzamento do coláxeno). As redes de fibras de elastina están inicialmente nun estado "caótico". A tendencia a aumentar a entropía fará que, ao aplicarse forza sobre elas, se produza un ordenamento de ditas fibras que atinguen un bo grao de compactación.

Nos mamíferos (e nos vertebrados en xeral), pódese encontrar predominantemente alí onde o tecido sofre repetidos ciclos de extensión-relaxación. Exemplos típicos son as arterias, ligamentos, pulmóns e pel. Presenta unhas sorprendentes cualidades elásticas, quizais a máis evidente sexa a súa alta resistencia á fatiga. As fibras elásticas das arterias humanas (especialmente do arco aórtico) funcionan toda a vida dunha persoa, soportando miles de millóns de ciclos de extensión-relaxación.

Aproximadamente o 90% dos seus aminoácidos son de cadea lateral apolar e existen certas secuencias que se encontran repetidas como VPG, VPGG, GVGVP, IPGVG, VAPGVG. A máis común é a secuencia GVGVP, que aparece en fragmentos que conteñen ata 11 pentapéptidos consecutivos (VPGVG)11. [3]

Baseados nas secuencias que se encontran repetidas na elastina natural fórmanse os polímeros tipo-elastina (ELP), dos cales o de maior sona é o poli-(VPGVG).[4]

Notas

  1. Curran ME, Atkinson DL, Ewart AK, Morris CA, Leppert MF, Keating MT (1993). "The elastin gene is disrupted by a translocation associated with supravalvular aortic stenosis". Cell 73 (1): 159–68. PMID 8096434. doi:10.1016/0092-8674(93)90168-P.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)
  2. Sage EH & Gray WR 1977 Evolution of elastin and elastin structure, p 291. in; Advances in Experimental Medicine and Biology, vol. 79 LB Sandberg & C Franzblaw, eds) Plenum Press, NY & London
  3. enlaceAdvances in protein chemistry,2005, 70;437
  4. Prog. Polym. Sci. 2005, 30 (11), 1119-1145

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas