Paramecio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 46: Liña 46:


==Xenoma==
==Xenoma==
O xenoma de ''Paramecium'' foi secuenciado (na especie ''[[Paramecium tetraurelia]]''), e presenta evidencia de tres duplicacións de todo o xenoma.<ref>
O xenoma de ''Paramecium'' foi secuenciado (na especie ''[[Paramecium tetraurelia]]''), e presenta evidencias de tres duplicacións de todo o xenoma.<ref>
{{cite journal |author=Aury JM, Jaillon O, Duret L, ''et al.'' |title=Global trends of whole-genome duplications revealed by the ciliate ''Paramecium tetraurelia'' |journal=Nature |volume=444 |issue=7116 |pages=171–8 |year=2006 |month=November |pmid=17086204 |doi=10.1038/nature05230}}</ref>
{{cite journal |author=Aury JM, Jaillon O, Duret L, ''et al.'' |title=Global trends of whole-genome duplications revealed by the ciliate ''Paramecium tetraurelia'' |journal=Nature |volume=444 |issue=7116 |pages=171–8 |year=2006 |month=November |pmid=17086204 |doi=10.1038/nature05230}}</ref>



Revisión como estaba o 27 de xullo de 2012 ás 19:40

Os paramecios son protozoos ciliados do xénero Paramecium, que viven en augas doces estancadas con abundancia de materia orgánica. Son uns protozoos ovalados [1] de 50 a 350 microns de lonxitude segundo a especie, probablemente uns dos seres unicelulares mellor coñecidos e máis estudados. No se deben confundir con Blepharisma, que é un xénero parecido.

Teñen numerosos cilios que cobren toda a súa superficie e que lle dan mobilidade, os da parte posterior algo maiores. Tamén ten cilios no citostoma, que son un pouco máis grandes e lle axudan a capturar o alimento. Para moverse cara a adiante os seus cilios baten nun ángulo de 120 graos, cara atrás todos ao unísono. O paramecio móvese facendo espirais pola auga. Pode moverse tamén para atrás se os cilios baten formando un ángulo cara a adiante todos á vez. Se choca contra un obxecto recúa, xírase lixeiramente e vai de novo para adiante, repetindo isto ata que salva o obstáculo. Pode moverse nun segundo unha distancia 12 veces maior ca o seu tamaño.

A membrana externa absorbe e expulsa regularmente auga do exterior coa fin de controlar a osmorregulación, proceso dirixido por dous vacúolos contráctiles.[2] Está recuberto por unha película, que é unha membrana resistente pero elástica.

Nalgunhas especies como P. trichium hai dous vacúolos contráctiles simples, pero o máis habitual é que estes vacúolos teñan unhas estriacións radiais que lle dan un aspecto de estrela.

Presentan un citostoma, unha especie de invaxinación situada a todo o longo do paramecio coa que captura o alimento, que consiste en partículas orgánicas flotantes e microorganismos menores ca el. O citostoma conduce a unha citofarinxe antes de que o alimento pase ao interior deste protozoo. Son moi visibles os vacúolos dixestivos, onde dixiren o alimento, e despois expulsan por exocitose os refugallos.

Presentan polo menos dous núcleos de distinto tamaño, chamados micronúcleo e macronúcleo. O macronúcleo está no centro e é de gran tamaño e forma alongada. O micronúcleo é pequeno e máis esférico (en P. aurelia hai dous micronúcleos)

Reprodución

Poden reproducirse por fisión binaria ou mitose ou por conxugación entre dous individuos. En P. caudatum durante a conxugación únense dous individuos, dexeneran os macronúcleos, os micronúcleos sofren meiose, formando 4 núcleos cada un deles (hai 8 entre os dous conxugates) dos cales dexeneran 3, e os outros dous que quedan divídense unha vez (agora son catro) e fusiónanse cos do outro individuo, formando dous núcleos, un en cada individuo, momento no que os individuos se separan. Unha vez separados hai máis divisións nucleares nas que se rexenera o macronúcleo e o micronúcleo iniciais. Como resultado da meiose e da conxugación houbo unha recombinación e intercambio de xenes. [3] Na conxugación non se unen organismos completos (o que sería singamia) senón só os seus núcleos.

Alimentación

Os paramecios aliméntanse de bacterias, algas e lévedos, e ocasionalmente pódese producir a inxesta de protozoos de pequeno tamaño. Para capturalos incrementa o movemento dos cilios situados arredor e dentro do citostoma creando unha corrente de auga e partículas cara ao seu interior. As partículas de alimento vanse acumulando na citofarinxe e cando hai suficiente cantidade fórmase un vacúolo dixestivo. Os vacúolos dixestivos formados percorren un circuíto específico a través do citoplasma (da parte posterior á anterior da célula) durante o cal o seu contido se dixire encimaticamente, e o alimento dixerido absórbese cara ao citoplasma mentres o vacúolo reduce o seu tamaño. Os restos sen dixerir, cando se chega ao final do circuíto, son expulsados a través dun poro anal. Para facilitar a captura das súas presas Paramecium pode disparar tricocistos, orgánulos de forma baciliforme que se sitúan en ringleiras e que se disparan en forma de filamentos rematados en punta de frecha ; este comportamento tamén se utiliza como sistema de defensa.

Hábitat

É un protozoo moi común que se encontra en pozas e estanques de auga doce, acequias, regatos, ríos, lagos e encoros. En xeral a súa presenza é abundante en augas estancadas que conteñen materia orgánica en descomposición e que, por tanto, son ricas en substancias nutritivas e abundantes en microorganismos. Recentemente, informouse de novas especies de paramecios atopadas no océano.

Xenoma

O xenoma de Paramecium foi secuenciado (na especie Paramecium tetraurelia), e presenta evidencias de tres duplicacións de todo o xenoma.[4]

Tamén presenta algunhas variacións con respecto ao código xenético estándar. En Paramecium (e noutros ciliados como Stylonychia), só hai un codón de parada da tradución de proteínas, que é UGA (normalmente hai tres), entanto que os codóns UAG e UAA, que noutros seres son tamén de parada, nos paramecios están reasignados como codóns con sentido que codifican aminoácidos. [5]

Endosimbiose

No Paramecium bursaria prodúcese un caso de endosimbiose. Este protozoo vive en simbiose con algas verdes unicelulares do xénero Chlorella, que se encontran no seu citoplasma e lle dan cor verde ao protozoo.


Especies

Na actualidade recoñécense 14 especies dentro do xénero Paramecium, aínda que foron nomeadas máis, que se consideran dubidosas. As seguras son as seguintes:

  • P. aurelia Ehrenberg, 1838
  • P. bursaria Ehrenberg & Focker, 1836
  • P. calkinsi Woodruff, 1921
  • P. caudatum Ehrenberg, 1838
  • P. duboscqui Chatton & Brachon, 1933
  • P. jenningsi Diller & Earl, 1958
  • P. multimicronucleatum Powers & Mitchell, 1910
  • P. nephridiatum von Gelei, 1925
  • P. polycaryum Woodruff, 1923
  • P. putrinum Claparede & Lachmann, 1858
  • P. trichium Stokes, 1885
  • P. woodruffi Wenrich, 1928

Notas

Véxase tamén

Enlaces externos

  1. O. F. Muller
  2. Campbell, Neil A.; Reece, Jane B.; Urry, Lisa A.; Cain, Michael L.; Wasserman, Steven A.; Minorsky, Peter V.; Jackson, Robert B. (2009). Biology (9th ed.). p. 134. ISBN 9780321558237. 
  3. P. A. Meglitsch. Zoología de Invertebrados. Pirámide. 1986. Páxina 34. ISBN 84-368-0316-7.
  4. Aury JM, Jaillon O, Duret L; et al. (2006). "Global trends of whole-genome duplications revealed by the ciliate Paramecium tetraurelia". Nature 444 (7116): 171–8. PMID 17086204. doi:10.1038/nature05230.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)
  5. Lekomtsev S, Kolosov P, Bidou L, Frolova L, Rousset JP, Kisselev L (2007). "Different modes of stop codon restriction by the Stylonychia and Paramecium eRF1 translation termination factors". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 104 (26): 10824–9. PMC 1904165. PMID 17573528. doi:10.1073/pnas.0703887104.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)