Magnencio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: diq:Magnentius
Liña 29: Liña 29:
[[cs:Magnentius]]
[[cs:Magnentius]]
[[de:Magnentius]]
[[de:Magnentius]]
[[diq:Magnentius]]
[[el:Μαγνέντιος]]
[[el:Μαγνέντιος]]
[[en:Magnentius]]
[[en:Magnentius]]

Revisión como estaba o 25 de xullo de 2012 ás 01:14

Flavius Magnus Magnentius (Samarobriva, preto de Ambianun, Galia, 303 - 11 de agosto de 353) foi un emperador romano. De orixe bárbara, uniuse as lexións romanas, onde destacou polas suas cualidades militares. Chegou a ser comandante das lexions Herculianas e Xovianas[1], cando se produciu un descontento xeral dentro do exército polas accións do emperador Constante.

Este descontento levou a Magnencio a participar nunha conspiración que rematou co seu nomeamento como augustus por parte das lexions. Constante, vendo que perdera o favor do exército, fuxiu, pero un destacamento da cabaleria lixeira o atopa en Helena, preto da fronteira con Hispania, nos Pirineos e o asesiña. Si exceptuamos a rexion dos Balcáns, onde as tropas nomearan emperador a Vetranio, quen se mantiña fiel o emperador Constancio II de Oriente, xa que este se apurou en recoñecelo coma césar i enviarlle unha coroa imperial, Magnencio era o verdadeiro emperador de Occidente, xa que as provincias de Hispania, Galia e Britannia o recoñeceron axiña, en parte pola súa politica de tolerancia dos cristiáns. Na provincia de África tentou de gañala co nomeamento das persoas axeitadas que continuasen a súa politica tolerante.

Pero a rebelión de Nepociano, membro da familia de Constantino, en Roma, pronto lle amosou que a coroa era moi feble se non conseguia estabilizala e rematar cos seus inimigos.Ainda que a rebelión foi prontamente sofocada, Magnencio nomeou o seu irmán Decencio (Magnus Decentius) coma César e o enviou cara a Rhin para defender a Galia, i el se dirixiu os Balcáns, enviando mensaxes a Vetranio para que se xunguise a súa causa. Pero o vello xeneral se dirixou cara o sul para se unir as tropas de Constancio II, que abandonaran a guerra contra os persas para tentar de rematar con Magnencio. Cando consegiu chegar a elas, Vetranio abdicou.

Mentres tanto, Magnencio trataba de xuntar a maior parte de tropas para o enfrontamento con Constancio II, pero a batalla tivo lugar en Mursa Maior no ano 351. A pesar de dirixir as tropas persoalmente e do seu heroismo, Magnencio foi derrotado e as suas tropas tiveron que se retirar cara as Galias. Cando o resultado da batalla chegou as diferentes provincias, pouco a pouco foron abandonando a Magnencio, sendo Italia e Sicilia as primeiras en facelo. Pouco despois foron Hispania e Africa sen resistencia algunha.

Isto deu como resultado que, no verán do 353, Magnencio se atopase illado, preto de Lugdunum, dispoñéndose para a batalla no Mons Seleucus, que lle resultou catastrófica, xa que o seu exército rematou vencido.

Magnencio é abandonado polos seus soldados e, despois de matar a súa nai e o seu irmán máis pequeno, suicídase en agosto do ano 353. Decencio, que se atopaba en Sens, tamén remata coa súa vida. Constancio II queda coma unico emperador de todo o Imperio.

Notas

  1. Zósimo, Historia nea (Ίστορία νέα), ii 58
Imperio Romano

Segue a:
Constancio II
Magnencio
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Casa de Constantino