Accidentes nucleares de Fukushima I: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: id:Bencana nuklir Fukushima Daiichi
Liña 43: Liña 43:
[[he:האסון הגרעיני בפוקושימה]]
[[he:האסון הגרעיני בפוקושימה]]
[[hu:Fukusimai atomerőmű-baleset]]
[[hu:Fukusimai atomerőmű-baleset]]
[[id:Bencana nuklir Fukushima Daiichi]]
[[it:Disastro di Fukushima Dai-ichi]]
[[it:Disastro di Fukushima Dai-ichi]]
[[ja:福島第一原子力発電所事故]]
[[ja:福島第一原子力発電所事故]]

Revisión como estaba o 23 de xullo de 2012 ás 09:47

Foto aérea da planta antes do accidente. Esta foto é de 1975, cando o reactor 6 estaba aínda en construción

Os accidentes nucleares de Fukushima I comprenden unha serie de explosións nos edificios que albergan os reactores nucleares, fallos nos sistemas de refrixeración ou liberación de radiación á atmosfera, rexistrados nas instalacións da central nuclear de Fukushima I, está localizado nos concellos de Ōkuma e de Futaba no distrito de Futaba na prefectura de Fukushima, a consecuencia dos danos ocasionados polo terremoto, e posterior tsunami, que afectou o nordés de Xapón o 11 de marzo de 2011.

Causas

Mapa mostrando o epicentro do terremoto e a posición das centrais nucleares afectadas (lendas en inglés).

Hai evidencias dunha fusión parcial do núcleo nos reactores 1, 2 e 3; producíronse explosións que destruíron o revestimento superior de hidróxeno dos edificios de aloxamento dos reactores 1, 3 e 4; unha explosión damnificou o confinamento dentro do reactor 2; e múltiplos incendios producíronse no reactor 4. Alén diso, as barras de combustíbel almacenado en piscinas de combustíbel irradiado das unidades 1-4 comezaron a sobrequentar os niveis de agua nas piscinas abandonadas.

Os traballadores da fábrica sufriron exposición á radiación e foron temporalmente evacuados en varios momentos. O 11 de abril as autoridades xaponesas designaron a magnitude do perigo nos reactores 1, 2 e 3 no nivel 7, considerando que a escala vai do 1 ao 7 na Escala Internacional de Accidentes Nucleares (INES).[1] A enerxia foi restaurada para partes da central nuclear o 20 de marzo, mais máquinas damnificadas por inundacións, incendios e explosións permaneceron inoperantes.[2]

Notas

  1. 'Japan to Raise Alert Level of Nuclear Crisis' BBC News online 18 March 2011.
  2. Stricken Reactors May Get Power Sunday, Wall Street Journal, 19 March 2011

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas