Cubo: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|) |
m Bot: Engado: so:Sedjibeke |
||
Liña 110: | Liña 110: | ||
[[sk:Kocka]] |
[[sk:Kocka]] |
||
[[sl:Kocka]] |
[[sl:Kocka]] |
||
[[so:Sedjibeke]] |
|||
[[sr:Коцка]] |
[[sr:Коцка]] |
||
[[sh:Kocka]] |
[[sh:Kocka]] |
Revisión como estaba o 16 de xullo de 2012 ás 06:39
En xeometría, un cubo ou hexaedro regular é un obxecto sólido e tridimensional formado por seis caras cadradas, con tres que se xuntan en cada un dos vértices. O cubo forma parte dos cinco sólidos platónicos, é dual co octaedro e posúe simetría cúbica (ou simetría octaédrica). O hexaedro regular está formado por seis caras, oito vértices e doce arestas.
Coordenadas cartesianas
Para un cubo con centro na orixe de coordenadas, con arestas paralelas aos eixes e cunha lonxitude de 2, as coordenadas cartesianas dos vértices son
- (±1, ±1, ±1)
mentres que o interior está formado por todos os puntos (x0, x1, x2) con −1 < xi < 1.
Fórmulas
Para un cubo de lonxitude a de aresta:
área da superficie | |
volume | |
diagonal da cara | |
diagonal espacial | |
raio da esfera circunscrita | |
raio da esfera tanxente coas arestas | |
raio da esfera inscrita | |
ángulos entre as caras (en radiáns) |
Dado que o volume dun cubo é a terceira potencia dos seus lados, a × a × a, a esta terceira potencia chámaselle tamén cubo, por analoxía co cadrado, que é a segunda potencia.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cubo |