Xosé Velo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Liña 13: Liña 13:
En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de [[Rosalía de Castro]]. En 1971 fundou a revista mensual ''Paraíso 7 días'', que só publicou 5 números, e o 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de [[cancro]] de pulmón.
En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de [[Rosalía de Castro]]. En 1971 fundou a revista mensual ''Paraíso 7 días'', que só publicou 5 números, e o 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de [[cancro]] de pulmón.


{{DEFAULTSORT:Velo, Xose}}
{{ORDENAR:Velo, Xose}}


[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2012 ás 03:34

Xosé Velo Mosquera, nado en Celanova o 21 de abril de 1916 e finado en São Paulo o 31 de xaneiro de 1972, foi un político galego, partidario da indepeNdencia de Galicia, tamén coñecido polo sobrenome de Carlos Xunqueira de Ambía.

Traxectoria

Era fillo de Lino Velo Castiñeiras, que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios fixo amizade con Celso Emilio Ferreiro, con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas e foi elixido secretario xeral da FMG en abril de 1935 e o 24 de abril casa con Jovita Pérez González.

Tralo Alzamento Nacional de 1936, a Garda Civil detívoo o 21 de xullo, aínda que saíu libre ao pouco tempo e o 14 de marzo de 1937 tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938 no que volta a Celanova e ao pouco tempo marchou á Guinea Española, volveu ao remate da Guerra civil española e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía sae en 1945 e permaneceu durante un ano agochado preto de Celanova.

Exilio

En 1948 fuxiu a Portugal, onde o detivo a PIDE, a policía política portuguesa, e tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara Venezuela, onde chegou o 9 de outubro de 1948, ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no Primeiro Congreso da Emigración Galega que se celebrou entre o 24 e o 31 de xullo de 1956 en Bos Aires.

Entrou en contacto coa grupo da oposición española que dirixía Alberto Bayo dende Cuba, e participou na súa emisora de radio, Radio Claridad. Pero descontento coa actuación deste grupo organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de Salazar exiliados en Sudamérica, como Humberto Delgado e Henrique Galvão e con outros galegos como José Fernández Fernández (Jorge de Sotomayor) o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1959. Velo vai ser o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960 e vai participar con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués Santa María entre o 22 de xaneiro e o 4 de febreiro de 1961, que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da Península Ibérica, logo dun acordo co goberno brasileiro, este recoñeceu a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Aséntase co seu fillo Víctor, que tamén participara na toma do navío na cidade de São Paulo.

En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de Rosalía de Castro. En 1971 fundou a revista mensual Paraíso 7 días, que só publicou 5 números, e o 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de cancro de pulmón.