William Thomson: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: mzn:لرد کلوین
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Liña 11: Liña 11:
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Termodinámica]]
* [[Termodinámica]]
{{DEFAULTSORT:Thomson, William}}
{{ORDENAR:Thomson, William}}
[[Categoría:Personalidades da física]]
[[Categoría:Personalidades da física]]



Revisión como estaba o 15 de xullo de 2012 ás 03:27

William Thomson, Lord Kelvin

William Thomson, 1º Barón Kelvin, coñecido tamén como Lord Kelvin, (26 de xuño de 182417 de decembro de 1907), foi un físico-matemático, enxeñeiro, e unha personalidade sobresaliente das ciencias físicas do século XIX. Realizou importantes traballos de análise matemático da electricidade e de termodinámica, facendo por unificar a aínda emerxente disciplina da física na súa caracterización moderna.

É amplamente coñecido por desenvolver a escala Kelvin de medición da temperatura absoluta. Thomson estabeleceu a noción de cero absoluto, correspondente á ausencia absoluta de calor e presión dun gas. A partir de aí desenvolveu a nova escala, que se mide en graos kelvin (a notación e K), utilizada no sistema internacional de unidades. Estabeleceu tamén a variación do punto de fusión do xeo en función da presión, descubrindo ademais o arrefriamento debido á expansión dos gases.

O título de Barón Kelvin foille concedido en honra aos seus traballos, e toma esa denominación do río Kelvin, que flúe a través da universidade de Glasgow, Escocia, na que exerceu.

Thomson tivo unha segunda carreira como enxeñeiro de telégrafos e inventor, carreira que lle dou sona entre o grande público e aseguroulle riqueza, fama e honra.

Véxase tamén

Outros artigos