Río Texo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: frr:Tejo
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Liña 65: Liña 65:
* [http://www.chtajo.es/ Confederación hidrográfica do Texo] {{es}}
* [http://www.chtajo.es/ Confederación hidrográfica do Texo] {{es}}


{{DEFAULTSORT:Texo, Río}}
{{ORDENAR:Texo, Río}}
[[Categoría:Río Texo]]
[[Categoría:Río Texo]]
[[Categoría:Ríos ibéricos atlánticos]]
[[Categoría:Ríos ibéricos atlánticos]]

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2012 ás 02:49

[[Ficheiro:|250px]]
PaísEspaña España
e
Portugal Portugal
NacementoFuente de García, Sierra de Albarracín, Teruel
Lonxitude1.008 km
Caudal medioTrillo: 18,76 m³/s
Aranjuez: 33,32 m³/s
Toledo: 43,30 m³/s
Lisboa: 444 m³/s
DesembocaduraOcéano Atlántico

O Texo (Tajo en castelán; Tejo en portugués) é o maior río da Península Ibérica, á que atravesa na súa parte central, seguindo un rumbo leste-oeste, cunha leve inclinación cara ao suroeste. Nace na Fuente de García, na Sierra de Albarracín, que pertenece aos Montes Universales (Teruel), a 1.593 m de altitude e desemboca no Océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla, no que verte un caudal medio de 444 m³ por segundo.

Características

Percorre unha lonxitude de 1.008 km, 816 deles por territorio español, onde discorre por catro comunidades autónomas (Aragón, Castela-A Mancha, Madrid e Estremadura) e un total de seis provincias (Teruel, Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Toledo e Cáceres).

Logo de formar fronteira entre España e Portugal ao longo de 47 km, entra neste último país.[1] Aquí percorre 145 km, a través das rexións tradicionais de Alto Alentexo, Ribatexo e Estremadura, nas que se integran os distritos de Portalegre, Santarém e Lisboa.

Nas súas beiras érguense cidades españolas como Aranjuez, Toledo e Talavera de la Reina, e portuguesas como Abrantes, Santarém e Lisboa.

A súa conca ten unha superficie total de 80.600 km². É a de maior poboación da Península Ibérica, con máis de dez millóns de habitantes. Nela intégranse as áreas metropolitanas de Madrid e Lisboa.

A conca do Texo alcanza unha capacidade total de encoro ao redor dos 14.500 hm³. Polo que respecta ao territorio español, atópase regulada pola Confederación Hidrográfica del Tajo, organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O Trasvase Texo-Segura deriva parte do caudal do río cara á zona suroriental de España.[2]

O seu curso alto está incluído dentro do Parque Natural do Alto Texo, na provincia de Guadalaxara. Tamén o seu curso medio-baixo está protexido legalmente, mediante o Parque Nacional de Monfragüe, localizado na provincia de Cáceres. Máis adiante atópase Parque Natural do Texo Internacional, entre a provincia de Cáceres e Portugal. Na súa desembocadura atópase a Reserva Natural do Estuario do Texo.

Os seus principais afluentes son: Jarama, Guadarrama, Alberche e Alagón, pola dereita; e Guadiela e Salor pola esquerda.

Galería de imaxes

Notas

  1. O tramo de 47 km nos que o río delimita a fronteira entre España e Portugal é coñecido como Texo Internacional.
  2. Portal Auga (n/d). Portal Auga, ed. "¿Cómo funciona el trasvase Tajo-Segura?" (en castelá). Arquivado dende o orixinal o 2007. Consultado o 25 de novembro 2009. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA