Rogelio Martínez González: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 85.56.201.14 (conversa); cambiado á última versión feita por Xabier Cid
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Liña 20: Liña 20:
*[[Eleccións municipais na Arnoia]]
*[[Eleccións municipais na Arnoia]]


{{DEFAULTSORT:Martínez González, Rogelio}}
{{ORDENAR:Martínez González, Rogelio}}
[[Categoría:Alcaldes da Arnoia]]
[[Categoría:Alcaldes da Arnoia]]
[[Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG]]
[[Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG]]

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2012 ás 02:43

Rogelio Martínez González, nado en 1957, é delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense dende maio do 2009.

Traxectoria

Ata o seu nomeamento como delegado foi vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, baixo a presidencia de Xosé Luís Baltar. Tamén foi portavoz do Grupo do Partido Popular de Galicia (PPdeG) na Corporación Provincial, así como presidente da Mancomunidade d'O Ribeiro e alcalde da Arnoia polo PPdeG durante 30 anos. No momento de acceder á alcaldía foi o alcalde máis novo de España.[1]

No ano 2005, sendo alcalde da Arnoia, autorizou unha obra prohibida pola Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Ourense nas inmediacións dun conxunto de arquitectura relixiosa cualificados como Ben de Interese Cultural (BIC). Patrimonio impúxolle unha multa de 5.000 euros que saldou con diñeiro das arcas municipais.[2]

Dende xaneiro do 2010 Martínez está sendo investigado por suposta fraude no reparto de fondos europeos. O PSOE entregou ó xuíz facturas de pagos a empresas de Martínez con cargo a subvencións europeas. No 2009 unha sentencia da Audiencia Nacional acreditou que Martínez certificara falsamente obras nunca realizadas para cobrar 54.000 euros en axudas da UE para un organismo local que el presidía. As facturas acreditan pagos a un restaurante propiedade de Martínez e a unha axencia de viaxes dun irmán seu. O concello da Arnoia tampouco puido xustificar o destino de outros 64.908 euros procedentes da Unión Europea. Segundo a fiscalía, cando Martínez era alcalde da Arnoia, e en calidade de presidente do grupo de acción local Ceivam, Martínez certificou axudas europeas do plan Leader para a construción de instalacións que xa existían, o que supón o recoñecemento de que o diñeiro percibido por Ceivam foi desviado. Segundo a documentación aportada polo BNG, en 1999 a sociedade Actuar S.L., da que Martínez era socio maioritario, pediu unha axuda para construír unha planta de biomasa, para o cal adquiriu a cesión de uso duns terreos municipais por 1,2 millóns de pesetas. No convenio asinado polo concello e a SAT (Sociedad Agraria de Transformación) O Carballo consta unha nave existente na parcela, a mesma para cuxa construción solicitou Martínez a subvención da UE.[3][4][5]


Predecesor:
'
 
Alcalde da Arnoia
 
1979-2009
Sucesor:
José Camilo Fariñas

Notas

Véxase tamén

Outros artigos