Robert H. Grubbs: Diferenzas entre revisións
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America) |
m DEFAULTSORT -> ORDENAR |
||
Liña 48: | Liña 48: | ||
{{Nobel de Química}} |
{{Nobel de Química}} |
||
{{ |
{{ORDENAR:Chauvin, Yves}} |
||
[[Categoría:Premio Nobel de Química]] |
[[Categoría:Premio Nobel de Química]] |
Revisión como estaba o 15 de xullo de 2012 ás 02:41
Robert H. Grubbs nado o 27 de febreiro de 1942 en Possum Trot, Kentucky (Estados Unidos) é un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.
Traxectoria
Iniciou os seus estudos de Química na Universidade de Florida, continuounos na Universidade de Columbia (Nova York) e finalizounos na californiana de Stanford en 1969.
Pouco despois, entrou como profesor axudante na Universidade de Michigan, onde en 1973 foi promovido a profesor asociado, pero cinco anos máis tarde regresou a California para exercer como catedrático de Química no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech), posto no que continúa na actualidade.
Investigacións científicas
As súas investigacións en química órgano-metálica e química orgánica acerca da catálisis así como na metátesis dos alcenos proporcionáronlle unha sólida reputación internacional e innumerables recoñecementos, como o premio da Sociedade Americana de Química e a medalla Benjamin Franklin do ano 2000.
Xunto ao francés Yves Chauvin e o seu colega estadounidense Richard R. Schrock comparte o Nobel de Química 2005 polo seu traballo na área da metátesis olefínica.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert H. Grubbs |
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2005 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2005 (en inglés)
- Perfil de Robert H. Grubbs en NNDB (en inglés)
Predecesor: Aaron Ciechanover, Avram Hershko e Irwin Rose |
Premio Nobel de Química 2005 con Yves Chauvin, Richard R. Schrock |
Sucesor: Roger D. Kornberg |