María Luz Morales: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ca:Maria Luz Morales
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Liña 43: Liña 43:
{{referencias}}
{{referencias}}


{{DEFAULTSORT:Morales, Maria Luz}}
{{ORDENAR:Morales, Maria Luz}}


[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2012 ás 01:16

María Luz Morales cara a 1920.

María Luz Morales Godoy, nada na Coruña en 1898 e finada en Barcelona en 1980, foi una xornalista e escritora galega do século XX. É considerada unha referencia para a incorporación das mulleres ao xornalismo e literatura no século XX en España. Foi a primeira muller na historia de España en dirixir un xornal nacional[1].

Despois da Guerra Civil Española foi desactivada por dúas ocupacións polo réxime de Franco, e despois do regreso da democracia continuou a súa actividade, traballando co Diario de Barcelona, ata a súa morte en 91 anos de idade.

Traxectoria

Malia nacer na Coruña, toda a súa vida profesional transcorreu en Barcelona, onde se trasladou coa súa familia sendo aínda unha nena. Tras diplomarse en Filosofía y Letras, en 1924 incorporouse a La Vanguardia, na sección de cinematografía. Nesa época, na que asinaba os seus artigos co pseudónimo de Felipe Centeno (baseado nun personaxe de Benito Pérez Galdós), a produtora Paramount Pictures interesouse no seu traballo, e tras unha entrevista con ela (da que descoñecían que fose unha muller) foi contratada pola produtora estadounidense como responsable da asesoría literaria das súas películas, e, coa chegada do cine sonoro, das tarefas de tradución e adaptación dos diálogos"María Luz Morales, escritora, entre la esperanza y la utopía" artigo en El País, 26 de setembro de 1980 (en castelán).</ref>. Compaxinou tamén estas ocupacións cunha colaboración semanal co xornal El Sol, mentres, paralelamente, levaba a cabo unha intensa actividade literaria, cultivando a literatura infantil con adaptacións de obras mestras da literatura, publicadas baixo a editorial que dirixía, Ediciones Araluce. Algunhas desas adaptacións, de obras de autores coma Homero, Esquilo, Sófocles, Dante, Shakespeare, Goethe, Cervantes ou Tirso de Molina, seguen a editarse na actualidade en España e Hispanoamérica.

A partir de 1933 cambiou a súa predilección cinematográfica polo teatro, a súa gran paixón, o que a levou a escribir, en colaboración con Elisabeth Mulder, a obra Romance de media noche.

A principios de xullo de 1936 participou nas celebracións pola aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. Tralo Alzamento Nacional e a Revolución Española, La Vanguardia foi tomada por un comité obreiro, pasando a ser nomeada directora do diario, cargo que ocupou durante toda a guerra civil, substituíndo a Gaziel. Durante o conflito bélico colaborou no guión da película documental L'Espoir (ou Sierra de Teruel), dirixida por André Malraux con fins propagandísticas en 1939.

Trala guerra, todos os redactores de La Vanguardia foron cesados e pendentes de xuízo. Retiróuselles o pasaporte e foron deshabilitados como periodistas. En 1940, acusada de ser a directora do diario durante a guerra e de pertenenza ao Partido Galeguista, María Luz Morales foi encarcerada nun convento barcelonés. Durante ese período, do cal sempre rexeitou falar, continuou escribindo, baixo os pseudónimos de Ariel e Jorge Marineda.

En 1948 entrou a colaborar, como crítica teatral, no Diario de Barcelona, e aos poucos foi recuperando a actividade literaria, ademais de traballar en Editorial Salvat e colaborar na revista Lecturas. Como recoñecemento ao seu traballo, en 1956 o goberno francés concedeulle a Orde das Palmas Académicas, e en marzo de 1963 foille entregado o Premio Nacional de Teatro 1962.[2] En 1958 a súa novela El amor empieza en sábado foi levada ao cine dirixida por Victorio Aguado Candela.

Trala morte de Franco, moitos depurados fóronse reincorporando á vida pública, e o 24 de xaneiro de 1978, xunto cun numeroso grupo de compañeiros, María Luz Morales foi rehabilitada como periodista. Trala súa reincorporación, continuou a súa actividade, xa como redactora, no Diario de Barcelona, onde continuou escribindo até a súa morte, en 1980.

Obra literaria

  • Parientes y trastos viejos (inédita)
  • Trovas de otros tiempos, 1928
  • Libros, mujeres y niños, 1928
  • Las románticas, 1930
  • Edison, 1934
  • Romance de media noche (con Elisabeth Mulder), 1935
  • Julio César, 1936
  • Madame Curie, 1936
  • Alejandro Magno, 1936
  • Alguien a quien conocí, 1937
  • Tres historias de amor en la Revolución francesa, 1942
  • María Antonieta, 1943
  • El mundo de las hormigas, 1948
  • El Cine: historia ilustrada del séptimo arte, 1950
  • Hazañas del Cid, 1951 .
  • Enciclopedia del hogar, 1952
  • Rosalinda en la ventana, 1954
  • Balcón al Atlántico: (otra novela sin héroe), 1955
  • Balcón al Mediterráneo, 1955
  • Historias del décimo círculo, 1962
  • Libro de oro de la poesía en lengua castellana, 1970

Notas