Luís Filipe Lindley Cintra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.; cambios estética
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Liña 22: Liña 22:
* [http://www.instituto-camoes.pt/cvc/figuras/lcintra.html Biografia - Instituto Camões]
* [http://www.instituto-camoes.pt/cvc/figuras/lcintra.html Biografia - Instituto Camões]


{{DEFAULTSORT:Lindley Cintra, Luis Filipe}}
{{ORDENAR:Lindley Cintra, Luis Filipe}}


[[Categoría:Personalidades da lingüística]]
[[Categoría:Personalidades da lingüística]]

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2012 ás 01:03

Luís Filipe Lindley Cintra, nado en Lisboa o 5 de marzo de 1925 e finado en Sesimbra o 18 de agosto de 1991, foi un filólogo e lingüísta portugués.

Traxectoria

Luís Filipe Lindley Cintra é unha das figuras principais da lingüística portuguesa. desenvolveu a súa actividade científica na Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa, onde se licenciou e doutorou en Filoloxía Románica (en 1946 e 1952 respectivamente), e onde exerceu a súa actividade docente, como asistente (1950-1960) profesor extraordinario (1960-1962) e catedrático (de 1962 até a morte).

Foi director das revistas Boletim de Filologia e Revista Lusitana (nova serie). Pertenceu a diversas sociedades científicas (Academia Portuguesa de História, Academia das Ciências de Lisboa, Academia Española de Historia e Academia de Buenas Letras de Barcelona) e organizou en Lisboa encontros como o III Colóquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros (1957), IX Congresso Internacional de Filologia e Linguística Românicas (1959) e Congresso sobre a Situação Actual da Língua Portuguesa no Mundo (1983). Creou o Departamento de Lingüística Xeral e Románica da FLUL, e reformou o Centro de Estudos Filológicos (desde 1975 chamado Centro de Lingüística da Universidade de Lisboa).

As súas investigacións centráronse principalmente nas áreas da literatura medieval, da lingüística románica, da dialectoloxía e a xeografía actual da lingua portuguesa. Comezou polo estudo da literatura, nun momento en que esta materia aínda abarcaba o estudo da lingua, merecedora de atención científica apenas en tanto que lingua de escritores ou repositorio de arcaísmos e rexionalismos. Dedicou a súa tese de licenciatura á versificación de António Nobre, e a tese de doutoramento ao que se supuña a versión portuguesa da Crónica Geral de Espanha de Afonso X, e que como demostrou, era unha crónica orixinariamente portuguesa, atribuída ao Conde Pedro de Barcelos, que ocupa actualmente un lugar importante na historiografía peninsular. Nas dúas teses Cintra partiu de temas puramente literarios para, desviándose de abordaxes eruditas, estilísticas ou interpretativas, atender os fenómenos de natureza máis claramente lingüística, dando como resultando un ensaio sobre o ritmo, a métrica e as sonoridades no caso de Nobre, e un manual práctico de crítica textual e de lingüística medieval no caso da Crónica Geral.

En 1959 fixo unha terceira tese, A linguagem dos Foros de Castelo Rodrigo, dedicada a un grupo de textos de dereito local do século XIII, producidos na rexión leonés-portuguesa de Ribacoa e interesantes para entender a reconstitución dos movimentos lingüísticos desencadeados pola Reconquista nunha rexión aínda hoxe pouco estudada.

Unha das súas características como intelectual e científico era que daba pouca importancia á teoría, preferindo a análise dos datos, seguindo o seu gran modelo, Ramón Menéndez Pidal, co que trabalou para o doutoramento. Volveu colaborar co filólogo madrileño na recollida de material para o Atlas Lingüístico da Península Ibérica, percorrendo Portugal en 1953 e 1954. Isto estimulouno para estudar outros aspectos, como a dialectoloxía e a etnografía, disciplinas que desde Leite de Vasconcellos eran pouco estudadas en Lisboa. Amais, o feito de abandonar o gabinete e descubrir a forma de vida popular, espertoulle a consciencia dos problemas sociais e políticos. Dez anos máis tarde, estas preocuàcións reflexáronse no seu protagonismo nas luitas estudantís e a súa coraxe física en episodios históricos.

Como lingüista abarcou dous grandes campos de investigación: as orixes da lingua portuguesa e o seu espazo xeográfico. Sobre as orixes, preocupouse sobre a Reconquista e o repoboamento do territorio peninsular, a historia dos dialectos galegos e portugueses, a produción documental latina e portuguesa dos primeiros séculos nacionais, o aparecemento da literatura escrita en portugués e a literatura oral, manifestada máis tarde no romanceiro. Sobre o espazo, definido historicamente como a faixa occidental da Península Ibérica (incluíndo por tanto a lingua galega; se ben afirmaba que os seus dialectos pertencían ao mesmo sistema que o portugués, nese momento apoiaba a autonomía da norma lingüística galega) e polas illas atlánticas, por Brasil e os países africanos e asiáticos lusófonos e os crioulos de base portuguesa. Un espazo xeográfico definido como produto da expansión extra-europea da lingua nacida do latín vulgar do noroeste peninsular. Esta definición conducía á valorización dos aspectos unitarios: sobre a variedade inevitábel dunha lingua transcontinental, Cintra facía pairar unha unidade fundamental que non excluía o galego nin os crioulos, e moito menos o portugués do Brasil, como demonstra, na fase final da súa vida, a defensa dunha ortografía común e a colaboración con Celso Cunha para escrebiren a Nova Gramática do Português Contemporâneo (1984), unha gramática escrita para servir de normativa, simultaneamente, á língua usada por portugueses, brasileiros e africanos.

Obra

  • O Ritmo na Poesia de António Nobre. 1946, 116 pax. (inédito).
  • Crónica Geral de Espanha de 1344. Edição crítica do texto português. 1951.

Véxase tamén

Ligazóns externas