José Reino Caamaño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
engado info de Carlos Reino Caamaño
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Liña 20: Liña 20:
*[http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2894490.NDIP.%29 Ficha no Congreso dos Deputados]
*[http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2894490.NDIP.%29 Ficha no Congreso dos Deputados]


{{DEFAULTSORT:Reino Caamanno, Jose}}
{{ORDENAR:Reino Caamanno, Jose}}
[[Categoría:Xuíces galegos]]
[[Categoría:Xuíces galegos]]
[[Categoría:Deputados galegos]]
[[Categoría:Deputados galegos]]

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2012 ás 00:38

José Bernardo Reino Caamaño, nado en Insua (Mazaricos) o 21 de abril de 1882 en finado en Cores (A Baña) o 2 de xaneiro de 1964, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1902, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915). Publicou versos en castelán e galego na Revista Gallega[1] e El Umia. En 1916 e 1917 foi proclamado deputado provincial daDeputación da Coruña polo distrito de Negreira-Corcubión. En 1923 foi elixido deputado polo distrito de Muros-Negreira nas Cortes Españolas pola fracción demócrata do Partido Liberal. Na Segunda República foi unha das figuras da Derecha Liberal Republicana en Galicia e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 e polo Partido Republicano Conservador nas eleccións xerais de 1933, destacando pola súa condena á persecución relixiosa. Foi maxistrado da Audiencia desde 1933. Durante a Guerra civil defendeu en xuízo a algúns acusados polo franquismo, chegando a afirmar que os únicos rebeldes eran o que os xulgaban, razón pola que foi multado e tivo que permanecer escondido durante un tempo[2]. O seu irmán Carlos Reino Caamaño, que era alcalde de Verín por Izquierda Republicana foi condenado a morte e executado en 1937. Dende 1940 foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, sendo nomeada profesor adxunto honorario de Dereito Mercantil (1948). Foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Liñares Giraut, X. Amancio (1993). Negreira na guerra do 36. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-656-4. 

Ligazóns externas