Gustave Aimard: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Liña 21: Liña 21:
*''Les bandits de l'Arizona'', 1882<br>
*''Les bandits de l'Arizona'', 1882<br>


{{DEFAULTSORT:Aimard}}
{{ORDENAR:Aimard}}
[[Categoría:Escritores en lingua francesa]]
[[Categoría:Escritores en lingua francesa]]
[[Categoría:Escritores de Francia]]
[[Categoría:Escritores de Francia]]

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2012 ás 00:03

Gustave Aimard

Gustave Aimard, pseudónimo de Olivier Gloux nado en París en 1818 e finado en 1883, foi un novelista francés.

Traxectoria

Abandonado ao nacer polos seus pais, de espírito rebelde non acepta á parella que o adopta e aos nove anos escapa da casa e marcha a América do Sur. En 1835 enrólase na mariña real, deserta en 1839 durante unha estadía en Chile, participa nas loitas contra o ditador arxentino Rosas, trasládase posteriormente a Estados Unidos, onde convive cos cheyenes.

De volta a Europa en 1847 viaxa por España, Turquía e o Cáucaso. Despois da Revolución de 1848 a súa deserción da Mariña Real quédalle perdoada e pode regresar a Francia. En 1852 volve a América, pero en 1854 regresa definitivamente a Francia e comeza a escribir a partir de 1856. As súas experiencias servíronlle para escribir numerosas novelas de oeste que se fixeron moi populares en Francia e Estados Unidos, aínda que tamén é autor de novelas marítimas e patrióticas.

En 1879, apareceu asinado por Gustave Aimard e Jules Berlioz d’Auriac, Jim l’Indien, seguidas de once novelas máis, estas novelas xa apareran antes co nome só de Jules Berlioz d’Auriac, Aimard limítase a asinar as obras sen participar na súa creación. A situación complícase ao se descubrir que as obras de Jules Berlioz d’Auriac son plaxios de obras de escritores norteamericanos poucos coñecidos, en concreto Jim l’Indien Jim l’Indien é unha tradución da obra de Edward Stewart Ellis, Indian Jim. A Tale of the Minnesota Massacre.

As súas obras están cheas de repeticións, con diálogos pouco elaborados e temáticas e personaxes repetitivas, malia iso foron un paso impartante no desenvolvemento da novela de aventuras en Europa.

Obras

  • Les Trappeurs de l'Arkansas, 1858
  • Le chercheur de pistes, 1858
  • La fièvre de l'or, 1860
  • Le Guaranis, 1864
  • La guerre sainte en Alsace, 1871
  • Par mer et par terre, 1879
  • Les bandits de l'Arizona, 1882