Eugenio Arbones Castellanzuelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
un datiño máis
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Liña 13: Liña 13:


<br />{{Rueiro de Vigo}}
<br />{{Rueiro de Vigo}}
{{DEFAULTSORT:Arbones Castellanzuelo, Eugenio}}
{{ORDENAR:Arbones Castellanzuelo, Eugenio}}
[[Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia]]
[[Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia]]
[[Categoría:Deputados galegos]]
[[Categoría:Deputados galegos]]

Revisión como estaba o 14 de xullo de 2012 ás 23:40

Eugenio Arbones Castellanzuelo, nado en Ponteareas en 1884 e falecido en Vigo o 14 de setembro de 1936, foi un médico e político, asasinado polos sublevados ó comezo da Guerra Civil.

Traxectoria

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en Alemaña e chegou a ser un coñecido xinecólogo. Viviu en Vigo a maior parte da súa vida. Foi colaborador habitual do semanario El Tea e a partir de 1911 inclinouse cara ao movemento agrario como propagandista independente e participou na campaña antiforista. Evolucionou dende o agrarismo ao socialismo e foi vicepresidente do PSOE de Vigo entre 1923 e 1930, e deputado nas eleccións xerais de 1931 pola provincia de Pontevedra na Conxunción Republicano-Socialista-Agraria. En 1933 a candidatura do Partido Socialista por Pontevedra non pactou con ningún outro grupo político, polo que resultou derrotado finalmente. Ás eleccións de febreiro de 1936 non se presentou. Ó producirse o alzamento nacional que deu lugar á Guerra Civil, foi detido e asasinado.

Obras

  • Problemas fundamentales de la gestación, 1929.

Véxase tamén

Ligazóns externas