Alice Prin: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Liña 41: Liña 41:
* [http://www.amazon.fr/dp/2203396210 Kiki de Montparnasse] banda deseñada de [[Catel]] e [[José-Louis Bocquet]]
* [http://www.amazon.fr/dp/2203396210 Kiki de Montparnasse] banda deseñada de [[Catel]] e [[José-Louis Bocquet]]


{{DEFAULTSORT:Prin, Alice}}
{{ORDENAR:Prin, Alice}}


[[Categoría:Actores de Francia]]
[[Categoría:Actores de Francia]]

Revisión como estaba o 14 de xullo de 2012 ás 22:09

Retrato de Alice Prin por Gustaw Gwozdecki.

Alice Ernestine Prin, coñecida como Kiki de Montparnasse ou a Raíña de Montparnasse, nada en Châtillon-sur-Seine o 2 de outubro de 1901 e finada en Sanary-sur-Mere o 29 de abril de 1953, foi unha modelo, actriz, cantante e pintora francesa, musa de moitos artistas internacionais de comezos do século XX. A súa fama comezou no París da década de 1920, á vez que ela axudou a definir a súa cultura liberada e bohemia. En 1996, os biógrafos Billy Klüver e Julie Martin, a nomearon "una das primeiras mulleres realmente independentes do século".

Traxectoria

Primeiros anos

Alice Prin naceu en Châtillon-sur-Seine, Côte d'Or, Borgoña. Como filla ilexítima, foi criada na pobreza pola súa avoa. Ós doce anos foise a vivir coa súa nai a París, para poder atopar traballo. Ó principio traballou en tendas e panaderías, até que ós catorce anos comezou a posar núa para escultores, o que lle creou un problema coa súa nai.

O comezo da súa fama

Kiki convertiuse nunha imprescindíbel na escea social de Montparnasse e nunha popular modelo, posando para artistas da talla de Chaim Soutine, Tsuguhara Foujita, Francis Picabia, Jean Cocteau, Alexander Calder, Per Krohg, Hermine David, Pablo Gargallo, Mayo e Tono Salazar. Moise Kisling pintou un retrato de Kiki titulado Nu assis, un dos seus cadros máis coñecidos.

Man Ray, o seu compañeiro na maior parte da década de 1920, a retratou en centos de ocasións. Ela é o motivo de algúns das súas mellores imaxes, incluíndo Le violon d'Ingres e Noire et blanche.

Éxito artístico e autobiografía prohibida

Sendo xa pintora por dereito propio, en 1927 expuxo a súa colección na Galerie au Sacre du Printemps, en París, acadando un gran éxito e chegando a vender todos os seus cadros.

A súa obra comprende pintura e debuxos de actividades sociais, retratos, autorretratos, animais, e paisaxes de ensoño compostas nun luminoso expresionismo, lixeiramete heteroxéneo, que reflicte as súas formas apacibles e optimismo ilimitado. Os seus cadros poden ser recoñecidos pola sinatura co seu alcume, Kiki, e polo ano anotado neles.

Ernest Hemingway e Tsuguhara Foujita fixeron a introducción das memorias de Alice Prin en 1929. Titulado As memorias de Kiki, foi publicado en Nova York no ano seguinte. Inmediatamente foi prohibido polo goberno dos Estados Uidos e así continuou até finais da década de 1970, cando aínda pertencía á sección de libros prohibidos da Biblioteca Pública de Nova York. Finalmente, en 1996, a autobiografía de Kiki de Montparnasse foi traducida ó inglés e publicada.

Na década de 1930, Alice foi propietaria dun cabaret en Montparnasse, Chez Kiki, onde se ofrecían actuaciones musicais agradábeis con bailarinas vestidas con corsés e ligueiros. Kiki foi un dos símolos da vida bohemia e creativa de París, e á idade de vinte e oito foi nomeada Raíña de Montparnasse. Incluso en tempos difíciles, ela mantivo a súa actitude positiva, dicindo "o único que necesito é unha cebola, un pouco de pan e unha botella de viño; e sempre atoparei a alguén que mo ofreza".

Alice Prin deixou París durante a ocupación do exército alemán na Segunda Guerra Mundial e nunca máis voltou.

Morte e legado

Kiki morreu en 1953 en Sanary-sur-Mer, á idade de cincuenta e dous, aparentemente por complicacións do seu alcoholismo e da súa adicción ás drogas.

Multitude de artistas e admiradores asistiron ó seu funeral en París,e a seguiron en procesión até a súa tumba no cementerio de Montparnasse. A súa lápida reza Kiki, 1901-1953, cantante, actriz, pintora, "Raíña de Montparnasse". Tsuguharu Foujita dixo que con Kiki, morreron os días de gloria de Montparnasse.

Moito tempo despois da súa morte, a figura de Kiki aínda rememora a franqueza, audacia e creatividade que marcaron unha época en París. Na súa honra, un diario foi chamado Kiki de Montparnasse.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Kiki of Montparnasse, de Frederick Kohner (1968).
  • Kiki: Reine de la Montparnasse, de Lou Mollgaard (1988).
  • Kiki's Memoirs (1996).
  • Kiki de Montparnasse, Catel & Bocquetn (2007).

Ligazóns externas