Bernardo Barreiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 1: Liña 1:
'''Bernardo Barreiro de Vázquez Varela''' <ref>Asinaba como ''Bernardo Barreiro de W'', unindo neste dobre uve os apelidos Vázquez Varela.}}, nado en [[Santiago de Compostela]] o [[20 de xaneiro]] de [[1850]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[27 de novembro]] de [[1904]], foi un historiador, xornalista e poeta galego.
'''Bernardo Barreiro de Vázquez Varela''' <ref>Asinaba como ''Bernardo Barreiro de W'', unindo neste dobre uve os apelidos Vázquez Varela.</ref>, nado en [[Santiago de Compostela]] o [[20 de xaneiro]] de [[1850]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[27 de novembro]] de [[1904]], foi un historiador, xornalista e poeta galego.


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Liña 21: Liña 21:
===Poesía===
===Poesía===
*''O desterro (Camiño de Portugal)'', 1879.
*''O desterro (Camiño de Portugal)'', 1879.

==Notas==
{{listaref|1}}


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 14 de xullo de 2012 ás 21:54

Bernardo Barreiro de Vázquez Varela [1], nado en Santiago de Compostela o 20 de xaneiro de 1850 e finado na Coruña o 27 de novembro de 1904, foi un historiador, xornalista e poeta galego.

Traxectoria

Foi arquiveiro e estudou os distintos arquivos galegos así como outros documentos relativos a Galicia conservados noutras bibliotecas, especialmente no Arquivo de Simancas . Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces en Arxentina.

Os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática (1880-1893), no que publica distintos traballos sobre a Inquisición en Galicia. Tamén colaborou en El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana e Diario de Santiago.

Obras

Ensaio

  • Efemérides de Galicia, 1877.
  • Testimonio de la capitalidad de Galicia, 1882.
  • Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, 1885.

Artigos sobre a Inquisición

Os seguintes textos foron publicados na revista que dirixía Galicia Diplomática:

  • Inquisición en Galicia.Las casas primitivas del Santo Oficio en Santiago (nº 35, 1983).
  • Archivo de la Inquisición en Galicia. Apuntes sobre bibliografía y lecturas prohibidas desde 1800 a 1819 (nº 13 a 19, 1883).
  • Restablecimiento del Tribunal del Santo Oficio en Santiago (nº 16, 1883).
  • Archivos secretos. Adiciones y notas a una lista de Inquisidores de Galicia desde el establecimiento del Santo Oficio en Santiago hasta el año de 1700 (nº 20 a 26, 1888).
  • Archivos secretos del Tribunal de la Inquisición de Galicia. Proceso contra el Alcaide Juan de Quiroga (nº 23, 1889).

Poesía

  • O desterro (Camiño de Portugal), 1879.

Notas

  1. Asinaba como Bernardo Barreiro de W, unindo neste dobre uve os apelidos Vázquez Varela.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barreiro de W., Bernardo: Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano, Toxosoutos, Noia 2008. Prólogo de Clodio González Pérez.

Ligazóns externas