Rectángulo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: sn:Gonyoina tsazamakonyo
Liña 97: Liña 97:
[[sk:Obdĺžnik]]
[[sk:Obdĺžnik]]
[[sl:Pravokotnik]]
[[sl:Pravokotnik]]
[[sn:Gonyaina tsazamakonya]]
[[sn:Gonyoina tsazamakonyo]]
[[so:Laydi]]
[[so:Laydi]]
[[sr:Правоугаоник]]
[[sr:Правоугаоник]]

Revisión como estaba o 13 de xullo de 2012 ás 23:33

Un rectángulo.

Un rectángulo é un paralelogramo cuxos catro lados forman ángulos rectos entre sí. Os lados opostos teñen a mesma lonxitude.

O perímetro, L, dun rectángulo de base b e altura h é:

L = 2b + 2h

A superficie, S, dun rectángulo de base b e altura h é:

S = b h

O corpo de revolución xerado por un rectángulo, respecto dun eixo que conteña ao carón, é un cilindro.

Rectángulos con nome de seu

Rectángulo áureo
  • O cadrado pódese considerar un caso particular do rectángulo, no que todos os seus lados teñen a mesma lonxitude.
  • O rectángulo áureo, tamén denominado rectángulo de ouro ou rectángulo Φ, é o rectángulo cuxos lados están en razón áurea. Se b e h son os lados, b/h = Φ. Para construílo a partir dun cadrado de lado AB, basta con determinar o punto medio M dun dos lados AB, e trazar, con centro no punto M, unha circunferencia que pase por un dos vértices C ao lado oposto.
Véxase tamén: Número áureo.
Representación gráfica dun rectángulo tridimensional
  • Rectángulo (rectángulo raíz de 2), aquel cuxa relación entre base e altura é igual á raíz cadrada de dúas. Se b e h son os lados, b/h = . O interese deste rectángulo radica en que se é dividido en dúas metades, polo seu lado máis longo, os dous novos rectángulos obtidos ten cada un a metade de área có orixinal, pero exactamente as súas mesmas proporcións. É por iso que, entre outros usos, é o formato empregado para dimensionar as follas de papel segundo a norma DIN. Construción partindo do cadrado: de xeito semellante ao rectángulo áureo, trázase con centro no punto A, unha circunferencia que pase polo vértice oposto C.
  • Dobre cadrado.

Véxase tamén

Ligazóns externas