Labirintulomicetos: Diferenzas entre revisións
Liña 38: | Liña 38: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
===Ligazóns externas=== |
===Ligazóns externas=== |
||
* [http://tolweb.org/Labyrinthulomycetes/21791 Imaxes] |
|||
Revisión como estaba o 13 de xullo de 2012 ás 21:28
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 11 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Labirintulomicetes | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Célula cunha rede de filamentos de Aplanochytrium sp. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Labyrinthulids |
Os labirintulomicetes (Labyrinthulomycetes segundo o ICBN, e Labyrinthulea[1] segundo o ICZN), son un grupo de protistas con categoría de clase que se caracterizan por producir unha rede de filamentos ou tubos, [2] que lles serven como vías de reptación para que escorreguen por elas as súas células e absorben nutrientes para elas. Existen dous grandes grupos: labirintúlidos e traustoquítridos. Son principalmente mariños, frecuentemente parasitos de algas e vexetación mariña (anxiospermas como as posidonias e outras) ou como descompoñedores de materia vexetal morta. Uns poucos son parasitos de invertebrados mariños.
Os filamentos que segregan, aínda que se proxectan fóra da célula, están rodeados por membrana celular. Fórmanse e conéctanse ao citoplasma por un orgánulo exclusivo chamado saxenóxeno ou botrosoma. As células son uninucleadas e tipicamente ovoides, e móvense dun lado para outro sobre a rede amorfa de filamentos a velocidades que van de 5 a 150 μm por minuto. Nos labirintúlidos as células están dentro dos tubos, e nos traustoquítridos están adheridas aos seus lados.
Clasificación
Co termo Labyrinthulomycetes/Labyrinthulea desígnase o antigo filo de fungos Labyrinthulomycota, que agora non son considerados fungos senón protistas. Inicialmente foron considerados un grupo raro de mofos mucosos (outros protistas), pero viuse que non son moi similares a eles. A estrutura das súas zoosporas e os estudos xenéticos mostraron que son un grupo primitivo de heterocontas, pero a súa clasificación e tratamento non está aínda firmemente establecido.
Esta clase ten só unha orde, Labyrinthulales (polo código botánico ICBN) ou Labyrinthulida[3] (polo código zoolóxico ICZN).
Notas
- ↑ Cavalier-Smith, T. (1997). "Sagenista and bigyra, two phyla of heterotrophic heterokont chromists". Archiv für Protistenkunde 148 (3): 253–267. DOI:10.1016/S0003-9365(97)80006-1. [1]
- ↑ Tsui CK, Marshall W, Yokoyama R; et al. (2009). "Labyrinthulomycetes phylogeny and its implications for the evolutionary loss of chloroplasts and gain of ectoplasmic gliding". Mol. Phylogenet. Evol. 50 (1): 129–40. PMID 18977305. doi:10.1016/j.ympev.2008.09.027. Parámetro descoñecido
|month=
ignorado (Axuda) - ↑ "www.ncbi.nlm.nih.gov". Consultado o 13 xullo 2012.