Labirintulomicetos: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 38: | Liña 38: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
===Ligazóns externas=== |
===Ligazóns externas=== |
||
*[http://www.botany.uga.edu/zoosporicfungi/labyrint.htm Labyrinthulomycota] |
|||
Revisión como estaba o 13 de xullo de 2012 ás 21:20
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 11 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Labirintulomicetes | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Célula cunha rede de filamentos de Aplanochytrium sp. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Labyrinthulids |
Os labirintulomicetes (Labyrinthulomycetes segundo o ICBN, e Labyrinthulea[1] segundo o ICZN), son un grupo de protistas con categoría de clase que se caracterizan por producir unha rede de filamentos ou tubos, [2] que lles serven como vías de reptación para que escorreguen por elas as súas células e absorben nutrientes para elas. Existen dous grandes grupos: labirintúlidos e traustoquítridos. Son principalmente mariños, frecuentemente parasitos de algas e vexetación mariña (anxiospermas como as posidonias e outras) ou como descompoñedores de materia vexetal morta. Uns poucos son parasitos de invertebrados mariños.
Os filamentos que segregan, aínda que se proxectan fóra da célula, están rodeados por membrana celular. Fórmanse e conéctanse ao citoplasma por un orgánulo exclusivo chamado saxenóxeno ou botrosoma. As células son uninucleadas e tipicamente ovoides, e móvense dun lado para outro sobre a rede amorfa de filamentos a velocidades que van de 5 a 150 μm por minuto. Nos labirintúlidos as células están dentro dos tubos, e nos traustoquítridos están adheridas aos seus lados.
Clasificación
Co termo Labyrinthulomycetes/Labyrinthulea desígnase o antigo filo de fungos Labyrinthulomycota, que agora non son considerados fungos, senón protistas. Inicialmente foron considerados un grupo raro de mofos mucosos, pero viuse que non son moi similares a eles. A estrutura das súas zoosporas e os estudos xenéticos mostraron que son un grupo primitivo de heterocontas, pero a súa clasificación e tratamento non está aínda firmemente establecido.
Esta clase ten só unha orde, Labyrinthulales (polo código botánico ICBN) ou Labyrinthulida[3] (polo código zoolóxico ICZN).
Notas
- ↑ Cavalier-Smith, T. (1997). "Sagenista and bigyra, two phyla of heterotrophic heterokont chromists". Archiv für Protistenkunde 148 (3): 253–267. DOI:10.1016/S0003-9365(97)80006-1. [1]
- ↑ Tsui CK, Marshall W, Yokoyama R; et al. (2009). "Labyrinthulomycetes phylogeny and its implications for the evolutionary loss of chloroplasts and gain of ectoplasmic gliding". Mol. Phylogenet. Evol. 50 (1): 129–40. PMID 18977305. doi:10.1016/j.ympev.2008.09.027. Parámetro descoñecido
|month=
ignorado (Axuda) - ↑ "www.ncbi.nlm.nih.gov". Consultado o 2009-04-04.