Labirintulomicetos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24: Liña 24:
''[[Diplophrys]]''
''[[Diplophrys]]''
}}
}}
Os '''labirintulomicetes''' ('''Labyrinthulomycetes''' segundo o [[ICBN]], e '''Labyrinthulea'''<ref>{{Cite doi|10.1016/S0003-9365(97)80006-1}}</ref> segundo o [[ICZN]]), son un grupo de [[protista]]s con categoría de [[clase (bioloxía)|clase]] que se caracterizan por producir unha rede de filamentos ou tubos, <ref name="pmid18977305">{{cite journal |author=Tsui CK, Marshall W, Yokoyama R, ''et al.'' |title=Labyrinthulomycetes phylogeny and its implications for the evolutionary loss of chloroplasts and gain of ectoplasmic gliding |journal=Mol. Phylogenet. Evol. |volume=50 |issue=1 |pages=129–40 |year=2009 |month=January |pmid=18977305 |doi=10.1016/j.ympev.2008.09.027 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S1055-7903(08)00475-2}}</ref> que lles serven como vías de reptación para que escorreguen por elas as súas células e absorben nutrientes para elas. Existen dous grandes grupos: [[labirintúlido]]s e [[traustoquítrido]]s. Son principalmente mariños, frecuentemente [[parasito]]s de [[alga]]s e vexetación mariña ([[anxiosperma]]s como as [[posidonia]]s e outras) ou como descompoñedores de materia vexetal morta. Uns poucos son parasitos de invertebrados mariños.
Os '''labirintulomicetes''' ('''Labyrinthulomycetes''' segundo o [[ICBN]], e '''Labyrinthulea'''<ref>Cavalier-Smith, T. (1997). "Sagenista and bigyra, two phyla of heterotrophic heterokont chromists". Archiv für Protistenkunde 148 (3): 253–267. DOI:10.1016/S0003-9365(97)80006-1. [http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0003936597800061]</ref> segundo o [[ICZN]]), son un grupo de [[protista]]s con categoría de [[clase (bioloxía)|clase]] que se caracterizan por producir unha rede de filamentos ou tubos, <ref name="pmid18977305">{{cite journal |author=Tsui CK, Marshall W, Yokoyama R, ''et al.'' |title=Labyrinthulomycetes phylogeny and its implications for the evolutionary loss of chloroplasts and gain of ectoplasmic gliding |journal=Mol. Phylogenet. Evol. |volume=50 |issue=1 |pages=129–40 |year=2009 |month=January |pmid=18977305 |doi=10.1016/j.ympev.2008.09.027 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S1055-7903(08)00475-2}}</ref> que lles serven como vías de reptación para que escorreguen por elas as súas células e absorben nutrientes para elas. Existen dous grandes grupos: [[labirintúlido]]s e [[traustoquítrido]]s. Son principalmente mariños, frecuentemente [[parasito]]s de [[alga]]s e vexetación mariña ([[anxiosperma]]s como as [[posidonia]]s e outras) ou como descompoñedores de materia vexetal morta. Uns poucos son parasitos de invertebrados mariños.


Os filamentos que forman, aínda que se proxectan fóra da célula, están rodeados por [[membrana celular]]. Fórmanse e conéctanse ao [[citoplasma]] por un [[orgánulo]] exclusivo chamado [[saxenóxeno]] ou [[botrosoma]]. As células son uninucleadas e tipicamente ovoides, e móvense dun lado para outro sobre a rede amorfa de filamentos a velocidades que van de 5 a 150 μm por minuto. Nos labirintúlidos as células están dentro dos tubos, e nos traustoquítridos están adheridas aos seus lados.
Os filamentos que forman, aínda que se proxectan fóra da célula, están rodeados por [[membrana celular]]. Fórmanse e conéctanse ao [[citoplasma]] por un [[orgánulo]] exclusivo chamado [[saxenóxeno]] ou [[botrosoma]]. As células son uninucleadas e tipicamente ovoides, e móvense dun lado para outro sobre a rede amorfa de filamentos a velocidades que van de 5 a 150 μm por minuto. Nos labirintúlidos as células están dentro dos tubos, e nos traustoquítridos están adheridas aos seus lados.

Revisión como estaba o 13 de xullo de 2012 ás 21:17

Labirintulomicetes

Célula cunha rede de filamentos de Aplanochytrium sp.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Chromalveolata
Filo: Heterokontophyta
Clase: Labyrinthulomycetes DICK, 2001 or
Labyrinthulea OLIVE ex CAVALIER-SMITH, 1989
Orde: Labyrinthulales ou
Labyrinthulida
Xéneros

Labyrinthulids
Labyrinthula
Thraustochytrids
Aplanochytrium
Labyrinthuloides
Japonochytrium
Schizochytrium
Thraustochytrium
Ulkenia
Diplophryids
Diplophrys

Os labirintulomicetes (Labyrinthulomycetes segundo o ICBN, e Labyrinthulea[1] segundo o ICZN), son un grupo de protistas con categoría de clase que se caracterizan por producir unha rede de filamentos ou tubos, [2] que lles serven como vías de reptación para que escorreguen por elas as súas células e absorben nutrientes para elas. Existen dous grandes grupos: labirintúlidos e traustoquítridos. Son principalmente mariños, frecuentemente parasitos de algas e vexetación mariña (anxiospermas como as posidonias e outras) ou como descompoñedores de materia vexetal morta. Uns poucos son parasitos de invertebrados mariños.

Os filamentos que forman, aínda que se proxectan fóra da célula, están rodeados por membrana celular. Fórmanse e conéctanse ao citoplasma por un orgánulo exclusivo chamado saxenóxeno ou botrosoma. As células son uninucleadas e tipicamente ovoides, e móvense dun lado para outro sobre a rede amorfa de filamentos a velocidades que van de 5 a 150 μm por minuto. Nos labirintúlidos as células están dentro dos tubos, e nos traustoquítridos están adheridas aos seus lados.

Clasificación

Co termo Labyrinthulomycetes/Labyrinthulea desígnase o antigo filo de fungos Labyrinthulomycota, que agora non son considerados fungos, senón protistas. Inicialmente foron considerados un grupo raro de mofos mucosos, pero viuse que non son moi similares a eles. A estrutura das súas zoosporas e os estudos xenéticos mostraron que son un grupo primitivo de heterocontas, pero a súa clasificación e tratamento non está aínda firmemente establecido.

Esta clase ten só unha orde, Labyrinthulales (polo código botánico ICBN) ou Labyrinthulida[3] (polo código zoolóxico ICZN).

Notas

  1. Cavalier-Smith, T. (1997). "Sagenista and bigyra, two phyla of heterotrophic heterokont chromists". Archiv für Protistenkunde 148 (3): 253–267. DOI:10.1016/S0003-9365(97)80006-1. [1]
  2. Tsui CK, Marshall W, Yokoyama R; et al. (2009). "Labyrinthulomycetes phylogeny and its implications for the evolutionary loss of chloroplasts and gain of ectoplasmic gliding". Mol. Phylogenet. Evol. 50 (1): 129–40. PMID 18977305. doi:10.1016/j.ympev.2008.09.027.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)
  3. "www.ncbi.nlm.nih.gov". Consultado o 2009-04-04. 

Véxase tamén

Ligazóns externas