Teléfono: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m thumb->miniatura
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Uniden EXAI3985 DTMF buttons.jpg|miniatura]]
[[Ficheiro:Uniden EXAI3985 DTMF buttons.jpg|miniatura]]
[[Ficheiro:ATTtelephone-large.jpg|miniatura|right]]
[[Ficheiro:ATTtelephone-large.jpg|miniatura|dereita]]
O '''teléfono''' ( do [[grego antigo|grego]] τῆλε "lonxe" e φωνή "voz" ) é un dispositivo de comunicación de voz a longa distancia a través de sinais eléctricos.
O '''teléfono''' ( do [[grego antigo|grego]] τῆλε "lonxe" e φωνή "voz" ) é un dispositivo de comunicación de voz a longa distancia a través de sinais eléctricos.



Revisión como estaba o 13 de xullo de 2012 ás 20:53

O teléfono ( do grego τῆλε "lonxe" e φωνή "voz" ) é un dispositivo de comunicación de voz a longa distancia a través de sinais eléctricos.

A súa invención atribuíase normalmente a Alexander Graham Bell, que construíu o primeiro en Boston (Massachusetts) en 1876. O 15 de xuño de 2002 o Congreso dos Estados Unidos de América recoñeceu oficialmente a Antonio Meucci como inventor do teléfono, ao que el chamara teletrophone.

Evolución do teléfono e a súa utilización

Desde a súa concepción orixinal, introducíronse melloras sucesivas tanto no propio aparello telefónico, como nos métodos e sistemas de explotación da rede.

No que se refire ó propio aparello telefónico, pódese sinalar:

  • A introdución do micrófono de carbón, que aumentaba de forma considerábel a potencia emitida e, polo tanto, o alcance máximo da comunicación.
  • O dispositivo “antilocal” para evitar a perturbación na audición causada polo ruído ambiente do local onde está instalado o teléfono.
  • A marcación por pulsos mediante o denominado disco de marcar.
  • A marcación por tonos multifrecuencia.
  • A introdución do micrófono de electrete ou electret, practicamente usado en tódolos aparatos modernos, que mellora de forma considerábel a calidade do son.

Canto ós métodos e sistemas de explotación da rede telefónica pódese sinalar:

  • A telefonía fixa ou convencional é aquela que fai referencia á liñas e equipos que se encargan da comunicación entre terminais telefónicos non portábeis e xeralmente ligados entre si ou coa central por meio de condutores metálicos.
  • A centraliña telefónica de conmutación manual para a interconexión mediante a intervención dun operador/a de distintos teléfonos, creando desta forma un primeiro modelo de rede.
  • A introdución das centrais telefónicas de conmutación automática, constituídas mediante dispositivos electromecánicos, das que existiron, e nalgúns casos aínda existen, diversos sistemas (rotatorios, barras cruzadas e outros máis complexos).
  • A centrais de conmutación automática electromecánicas, pero controladas por ordenador.
  • As centrais dixitais de conmutación automática totalmente electrónicas e controladas por ordenador, a práctica totalidade das actuais, que permiten multitude de servizos complementarios ó propio estabelecemento da comunicación (os denominados servizos de valor engadido).
  • A introdución da Rede Dixital de Servizos Integrados (RDSI) e as técnicas xDSL ou de banda ancha (ADSL, HDSL, etc,) que permiten a transmisión de datos a máis alta velocidade.
  • A telefonía móbil ou celular, que posibilita a transmisión sen fíos de voz e datos, podendo ser esta de alta velocidade nos novos equipos de terceira xeración.

Existen casos particulares en telefonía fixa nos que a conexión coa central faise por medios radioeléctricos, como é o caso da telefonía rural por acceso celular, na que se utiliza parte da infraestrutura de telefonía móbil para facilitar servizo telefónico a zonas de difícil acceso para as liñas convencionais de fío de cobre. Non obstante estas liñas considéranse, a tódolos efectos, como de telefonía fixa.

Unha comunicación de voz ocupa un ancho de banda de 3100 Hz, pero os operadores acostuman a reservar 4000 Hz para cada canle de voz.