Henrique IV de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
Liña 1: Liña 1:
{{Outroshomónimos|Henrique IV}}
{{Outroshomónimos|Henrique IV}}
[[Ficheiro:King Henry IV from NPG (2).jpg|miniatura|275px|right]]
[[Ficheiro:King Henry IV from NPG (2).jpg|miniatura|275px|dereita]]
'''Henrique IV de Inglaterra''', coñecido tamén como '''Henrique Bolingbroke''', nado o [[3 de abril]] de [[1367]] e falecido o [[20 de marzo]] de [[1413]] foi rei de [[Reino de Inglaterra|Inglaterra]] entre [[1399]] e [[1413]], o primeiro da [[dinastía de Lancaster]]. Henrique era fillo de [[Xoán de Gante]], [[duque de Lancaster]], e neto do rei [[Eduardo III de Inglaterra]].
'''Henrique IV de Inglaterra''', coñecido tamén como '''Henrique Bolingbroke''', nado o [[3 de abril]] de [[1367]] e falecido o [[20 de marzo]] de [[1413]] foi rei de [[Reino de Inglaterra|Inglaterra]] entre [[1399]] e [[1413]], o primeiro da [[dinastía de Lancaster]]. Henrique era fillo de [[Xoán de Gante]], [[duque de Lancaster]], e neto do rei [[Eduardo III de Inglaterra]].



Revisión como estaba o 13 de xullo de 2012 ás 19:46

Henrique IV de Inglaterra, coñecido tamén como Henrique Bolingbroke, nado o 3 de abril de 1367 e falecido o 20 de marzo de 1413 foi rei de Inglaterra entre 1399 e 1413, o primeiro da dinastía de Lancaster. Henrique era fillo de Xoán de Gante, duque de Lancaster, e neto do rei Eduardo III de Inglaterra.

Traxectoria

Naceu no castelo de Bolingbroke no Lincolnshire e, segundo o costume da época, era coñecido tamén como Henrique Bolingbroke.

A pesar de apoiar o primo Ricardo II de Inglaterra no inicio do reinado deste, axiña os dous homes entraron en conflito. Henrique acabou mesmo expulsado do país e desherdado en 1398. No ano seguinte, o seu pai morre na Aquitania e Ricardo II confisca os seus bens para a coroa. Pero o monarca non era popular nin considerado competente e Henrique valeuse diso para iniciar unha guerra aberta o 30 de setembro de 1399. O golpe é exitoso e Henrique é coroado rei de Inglaterra o 13 de outubro, na Abadía de Westminster, iniciando a dinastía de Lancaster. Ricardo II foi deposto e asasinado por precaución no ano seguinte.

En 1380, Henrique casou con María de Bohun, de quen tivo varios fillos e fillas. Xa rei, Henrique desposou a princesa Xoana de Navarra, filla do rei Carlos II, con quen non tivo descendencia.

O reinado de Henrique foi marcado por varias insurrecións populares, especialmente no País de Gales e en Inglaterra. O fracaso destas rebelións debeuse en parte á habilidade militar do seu herdeiro, o futuro Henrique V.

O fin da vida de Henrique IV foi marcado por problemas graves de saúde debidos a unha enfermidade de pel, posiblemente psoriase ou un síntoma de sífilis. Henrique morreu en 1413 e atópase sepultado na catedral de Canterbury.

A súa vida atópase retrato en Henrique IV, unha peza en dúas partes de William Shakespeare.

Descendencia

Predecesor:
Ricardo II de Inglaterra
 
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda
 
1399 - 1413
Sucesor:
Henrique V de Inglaterra