Floris III de Holanda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (bot Modificado: fy:Floaris III fan Hollân; cambios estética
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Florent III de Hollande.png|175px|right]]
[[Ficheiro:Florent III de Hollande.png|175px|dereita]]
'''Floris III de Holanda''', nado en [[1141]] e finado en [[Antioquía]] o [[1 de agosto]] de [[1190]], foi [[conde de Holanda]] desde [[1157]] ata [[1190]].
'''Floris III de Holanda''', nado en [[1141]] e finado en [[Antioquía]] o [[1 de agosto]] de [[1190]], foi [[conde de Holanda]] desde [[1157]] ata [[1190]].



Revisión como estaba o 13 de xullo de 2012 ás 19:36

Floris III de Holanda, nado en 1141 e finado en Antioquía o 1 de agosto de 1190, foi conde de Holanda desde 1157 ata 1190.

Traxectoria

Floris era fillo de Dirk VI de Holanda e Sofía de Luxemburgo, condesa de Bentheim. Casou o 28 de setembro de 1162 con Ada de Huntingdon, filla de Henrique de Escocia e irmá do rei Guillerme I de Escocia. Como vasalo do emperador Federico I acompañouno en dúas expedicións a Italia, en 1158 e en 1176-1178. En agradecemento o emperador integrouno na nobreza imperial e deulle os dereitos de peaxe sobre Geervliet, que os condes de Holanda xa viñan realizando, ilegalmente, desde o século XI.

O conde Filipe de Flandres ambicionaba Zelandia e a guerra estoupou entre Flandres e Holanda, os flamengos capturaron a Floris en Bruxas e aceptou a preminencia flamenga en Zelandia en troques da súa liberación en 11167. Durante o seu reinado tamén tivo que facer fronte a unha revolta dos frisóns occidentais. En 1170 un asolagamento devastou o norte, axudando a formar o Zuiderzee.

En 1189 Floris acompañou a Frederick Barbaroxa na Terceira Cruzada. Morreu en 1190 en Antioquía por unha peste e alí foi soterrado.