Muller fatal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m r2.7.3) (Bot: Engado: lt:Femme fatale
Liña 22: Liña 22:
[[ja:ファム・ファタール]]
[[ja:ファム・ファタール]]
[[ko:팜 파탈]]
[[ko:팜 파탈]]
[[lt:Femme fatale]]
[[nl:Femme fatale]]
[[nl:Femme fatale]]
[[no:Femme fatale]]
[[no:Femme fatale]]

Revisión como estaba o 13 de xullo de 2012 ás 09:23

Mata Hari, bailarina exótica e espía convicta exemplo de muller fatal da Primeira Guerra Mundial.

Unha muller fatal ou femme fatale é un personaxe tipo, normalmente unha dona que usa o poder da sexualidade para atrapar o desventurado heroe. É unha tradución directa da expresión francesa femme fatale. Adoita ser representada ou caracterizada como sexualmente insaciábel. Aínda que polo xeral é malvada, tamén hai mulleres fatais que nalgunhas historias fan de antiheroínas e mesmo de heroínas. Na actualidade o arquetipo é visto coma un personaxe que constantemente cruza a liña entre a bondade e a maldade, actuando sen escrúpulos sexa cal for a súa lealdade.