Biblioteca de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:


Tanto os cidadáns en xeral como o público profesional poden acceder á información relevante para usos culturais e educativos.
Tanto os cidadáns en xeral como o público profesional poden acceder á información relevante para usos culturais e educativos.

==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es Galiciana]


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 11 de xullo de 2012 ás 14:13

Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia é a biblioteca cabeceira do sistema bibliotecario galego. Foi deseñada polo arquitecto americano Peter Eisenman e forma xunto con outros seis edificios a Cidade da Cultura de Galicia, localizada en Santiago de Compostela.

Características

Representa ao sistema bibliotecario galego ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do eido bibliotecario. A Xunta de Galicia inaugurouna o 11 de xaneiro de 2011.[1] A Biblioteca arrincaou con máis de 250.000 volumes, sen contar prensa, e un equipo de trinta expertos ao fronte.[2]

Conta con 15.702 m2 útiles.

A biblioteca, cuxa misión é a de reunir, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia e toda a produción impresa, sonora, audiovisual ou informática vencellada co mesmo, garda na súa colección dende volumes do século XVI, manuscritos ou primeiras edicións dos autores do Rexurdimento ata carteis de festas, reflexo da historia do país. Asemade, promociona e difunde a cultura galega, facilitando o acceso ao patrimonio bibliográfico galego, xa sexa de xeito presencial ou virtual, e será unha peza clave para as actividades culturais relacionadas co libro, a lectura e as bibliotecas. Neste marco, destinará recursos especiais á promoción da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, potenciando o seu valor e a diversidade cultural.

Tanto os cidadáns en xeral como o público profesional poden acceder á información relevante para usos culturais e educativos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas