Roraima: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: gn:Roraima
Liña 68: Liña 68:
[[fr:Roraima]]
[[fr:Roraima]]
[[ga:Roraima]]
[[ga:Roraima]]
[[gn:Roraima]]
[[he:רוריימה]]
[[he:רוריימה]]
[[hr:Roraima]]
[[hr:Roraima]]

Revisión como estaba o 9 de xullo de 2012 ás 18:49

Roraima
Capital Boa Vista
Área 225.116,1 km²
Poboación 391 317 (estimativa 2005)
Fuso horario UTC-4 (1 hora menos que Brasilia)
Gobernador Ottomar Pinto
Mapa do estado no Brasil

Roraima (que en pemón, unha das linguas indíxenas do Brasil, significa monte verde) é un estado do Brasil situado na Rexión Norte. A máis setentrional das unidades da federación brasileira ten como límites: Venezuela (N e NO), Güiana (E), Pará (SE), e Amazonas (S e O). Ocupa unha área de 225.116,1 km². A súa capital é Boa Vista.

Historia

O territorio disputárono os luso-brasileiros, holandeses, españois e ingleses, pero o poboamento por parte dos brancos só comezou realizarse no século XVIII, despois da morte de moitos indíxenas.

A creación da freguesía de Nossa Senhora do Carmo, en 1858, transformada en municipio de Boa Vista en 1890, consolidou a organización local. A disputa polas terras con Inglaterra na fronteira güianense só terminou definitivamente en 1904, despois da arbitraxe do rei Vítor Manuel II de Italia, que deixou fóra do Brasil partes do territorio do Pirara, incorporado á Güiana Inglesa.

En 1943 creouse o Territorio Federal de Rio Branco, que, en 1962, pasou a denominarse Roraima. Coa constitución brasileira de 1988 converteuse en estado. Actualmente, empeza a destacar a produción de soxa.

Xeografía

O clima do estado é ecuatorial (N, S e O) e tropical (E). Grande parte do estado é cuberta pola Floresta Amazónica, cunha pequena superficie de sabana ao leste. O ponto máis alto do estado é o Monte Roraima, con 2.875 metros de altitude.

Economía

Parque na cidade de Boa Vista, capital de Roraima.

A economía do Estado ten por base a agricultura, a gandería e o a extracción de (madeira, ouro, diamantes e minas de estaño). Roraima ten poucas industrias. O turismo tamén ten pouco destaque. O principal centro de comercio e servizos do estado é a súa capital, Boa Vista.