Isabel Ríos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
engado fonte
Xas (conversa | contribucións)
remato edición
Liña 1: Liña 1:
{{En uso}}
'''Isabel Ríos Lazcano''', nada o en [[Curtis]] [[12 de xullo]] de [[1907]] e finada en [[Madrid]] o [[17 de xuño]] de [[1997]], foi unha sindicalista e guerrilleira galega.
'''Isabel Ríos Lazcano''', nada o en [[Curtis]] [[12 de xullo]] de [[1907]] e finada en [[Madrid]] o [[17 de xuño]] de [[1997]], foi unha sindicalista e guerrilleira galega.


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Á idade de 7 anos comeza os seus estudos primarios cunha mestra dunha aldea veciña, Pedrouzos. Realizou varios intentos de exame por libre na titulación de Perito Mercantil, até que se presenta a unhas oposicións para Facenda, nas que conseguiu unha praza na Subdelegación de Xixón.
Comezou os seus estudos primarios cunha mestra da aldea de Pedrouzos. Fixo varios intentos de exame por libre de Perito Mercantil, até que se presentou a unhas oposicións para Facenda, nas que conseguiu praza na Subdelegación de [[Xixón]].


Antes de partir ao seu destino laboral coñeceu a [[Manuel Calvelo López]], que se atopaba veraneando en Curtis, con quen casou o 7 de xullo de 1929. Marcharon a Los Llanos (na illa de La Palma) onde Manuel exerceu a súa profesión de médico.
Antes de partir ao seu destino laboral coñece a Calvelo, quen se atopaba veraneando en Curtis. Cóntanos Isabel: "Calvelo rematou a súa carreira de Medicina dous meses máis tarde do debido, a causa dunha folga dos estudantes contra a ditadura do xeneral Primo de Rivera. O 29 de xuño de 1929 veu a Curtis e díxome: Pinti, ¿casamos e ímonos a Canarias? -Bueno, casemos!-, e o sete de xullo estabamos casados... alí estivemos dous felices anos vivindo en Los Llanos (illa de La Palma). O primeiro ano, Calvelo dedicouse única e exclusivamente á súa profesión. O segundo, proclamada a República con gran entusiasmo en toda España, espertou na xente un grande interese pola política. Calvelo sacou tempo non sei de onde, pois o seu traballo profesional era enorme, e organizou o Partido Socialista e dous sindicatos de tabaqueiros...".


En 1932 o matrimonio Calvelo Ríos trasladouse a Curtis para ter o primeiro fillo; ese mesmo ano a familia múdase a Madrid co obxectivo de irse posteriormente a Alemaña para que o seu marido fixera o doutoramento. Coa chegada de Hitler ao poder, Calvelo e Isabel deciden quedar en Madrid, onde el traballaba como profesor adxunto na Cátedra de Patoloxía do profesor Roberto Novoa Santos.
En [[1932]] o matrimonio trasladouse a Curtis para ter o primeiro fillo; ese ano a familia mudouse a Madrid co obxectivo de marchar a Alemaña para que Manuel fixera o doutoramento. Coa chegada de [[Hitler]] ao poder deciden quedar en Madrid, onde Manuel traballou como profesor adxunto na Cátedra de Patoloxía do profesor [[Roberto Nóvoa Santos]].


En 1934 Isabel afíliase ao Partido Comunista e, aproveitando unha das tantas viaxes que realiza a Curtis, organiza a primeira célula. Despois de traballar en Madrid, Isabel foi trasladada a Lugo, a onde ía todos os días dende Curtis.
En 1934 afiliouse ao [[Partido Comunista de España|Partido Comunista]] e, aproveitando unha viaxe a Curtis, organizou alí a primeira célula. Despois de traballar en Madrid, foi trasladada a [[Lugo]], a onde ía todos os días dende Curtis.


O 18 de xullo a noticia da sublevación vai tomando corpo. O 5 de agosto a parella Calvelo Ríos é detida e trasladada a Curtis. Ao día seguinte foron levados ao cárcere de Santiago. Alí descobren que foran fusilados Ánxel Casal, Camilo Díaz e outros moitos militantes de todos os partidos. Despois de varios meses, o 19 de decembro as autoridades facciosas realizan unha farsa xudicial condenando o matrimonio á pena de morte.
Logo da [[sublevación do 18 de xullo de 1936]], foi detida co seu home o 5 de agosto e trasladados a Curtis. Ao día seguinte foron levados ao cárcere de Santiago. O 19 de decembro celébrase o Consello de guerra que condena ao matrimonio á pena de morte.


O día 24 estaba todo listo para o fusilamento pero as autoridades postergárono para o 31 de decembro. O día 30 os dous condenados aproveitan os últimos minutos das súas vidas para falar: "Durante as tres últimas horas da súa vida, charlamos das nosas cousas, da nosa vida en común, do noso amor, dos nosos problemas. Charlamos a través do asexadoiro cos compañeiros que seguirían o mesmo camiño en días sucesivos...". Esa mesma noite, cando a súa cela era pechada, os funcionarios da prisión comunícanlle que lle conmutaran a pena. O 31 de decembro de 1936, pouco antes da hora en que ía ser fusilada, as autoridades conmútanlle a pena pola de reclusión perpetua, mentres que Manuel Calvelo era fusilado ese mesmo día co orgullo de morrer por unha causa xusta.
A execución da sentencia estaba prevista para o día 24, pero as autoridades postergárono para o 31 de decembro. O día 30 comunicáronlle que lle conmutaran a pena pola de reclusión perpetua, mentres que Manuel Calvelo foi fusilado ese mesmo día.


Isabel Ríos percorrerá distintos cárceres durante sete anos: Santiago, Saturrarán e Betanzos, e será posta en liberdade condicional en 1943.
Isabel percorreu durante sete anos as cadeas de Santiago, Saturrarán e Betanzos, e foi posta en liberdade condicional en [[1943]].


En 1946 trasládase a vivir á cidade da Coruña, na rúa Riego de Agua. O acoso policial era incesante e Isabel decide marchar a Bos Aires, onde ten familia, para deixar os seus fillos ao seu coidado e ela voltar a Galicia para incorporarse á guerrilla. O 18 de xullo embarcou cos seus fillos rumbo a Río da Prata. No seu desexo estaba que os seus fillos puidesen trasladarse desde a Arxentina até a Unión Soviética para que puideran estudar. Pero a realidade foi moi distinta, Isabel e os seus fillos tardaron moito tempo en atopar o vínculo co Partido Español e cando o conseguiron non foi o esperado. Aínda así reiniciou a súa militancia comunista no seo da emigración. Incorporouse á Federación de Sociedades Galegas, onde participou na comisión feminina e na de cultura. Por aqueles anos a incidencia dos comunistas nesta asociación era moi grande. Intelectuais galeguistas da valía de Arturo Cuadrado, Ramón de Valenzuela, Eduardo Blanco Amor, Mariví Villaverde e Luís Seoane estaban dentro desa órbita política. Logo sumaríase, entre outros, Lorenzo Varela.
En [[1946]] trasladouse a vivir á Coruña. O acoso policial era incesante e decidiu marchar a Bos Aires, onde tiña familia, para deixar os fillos ao seu coidado e volver a Galicia para incorporarse á guerrilla. O 18 de xullo embarcou cos seus fillos rumbo a Río da Prata. Reiniciou a súa militancia comunista no seo da emigración. Incorporouse á [[Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales|Federación de Sociedades Gallegas]], onde participou na comisión feminina e na de cultura.


Nos principios dos anos 60 cos cambios producidos en China, Isabel e un grupo de comunistas comezan a ter diferenzas ideolóxicas co partido que comandaba Carrillo. Nesta etapa política este dirixente comunista propiciara o desmantelamento da resistencia guerrilleira e falaba da Unión Nacional. Íanse cultivando dentro do partido os xermes que anos despois desembocarían no eurocomunismo. As disidencias irán en aumento até que son expulsados por seren considerados "fraccionistas". En 1966 debido ao golpe militar de Onganía, o fillo de Isabel Ríos trasládase a Chile e ela séguelle os pasos. Roberto Calvelo foi contratado polo Ministerio de Educación deste país. En 1971 pasou a ser consultor da FAO. En 1973 volve outra vez ao exilio, o golpe de Pinochet obrígaa a saír rapidamente deste país e trasládase a Perú. En 1975 o seu fillo Manolo invítaa a pasar unhas vacacións ao estado español; chega uns días antes da morte de Franco. Esta visita pasaría a ser permanente, xa que ao pouco de chegar consegue reincorporarse no seu posto laboral no Ministerio de Facenda e establécese en Madrid. "Non me levou á loita ambición ningunha, mellor dito, levoume unha ambición inmensa, a de querer achegar o meu gran de area á transformación dunha sociedade inxusta, deshumanizada, cruel, noutra máis xusta que abarcase a todos os seres e na que todos atopasen a posibilidade de vivir a nivel humano...".
A principios dos anos 60 cos cambios producidos en China, Isabel e un grupo de comunistas comezan a ter diferenzas ideolóxicas co [[PCE]] e finalmente foi expulsada xunto con outros militantes por seren considerados "fraccionistas". En [[1966]] debido ao golpe militar de Onganía, o seu fillo Roberto Calvelo trasladouse a Chile e ela seguiuno. Roberto fora contratado polo Ministerio de Educación de chile e en 1971 pasou a ser consultor da FAO. En [[1973]] o golpe de Pinochet volve levala outra vez ao exilio trasladándose a [[Perú]]. En [[1975]] o seu fillo Manuel invitouna a pasar unhas vacacións ao estado español; ao pouco de chegar conseguiu reincorporarse no seu posto laboral no Ministerio de Facenda e estableceuse en [[Madrid]].


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*{{Cita libro |título= Testimonio de la Guerra Civil|nome= Isabel|apelidos= Ríos|ligazónautor= |coautores= |ano= 1998|editor= Ediciós do Castro|localización= Sada|isbn= 84-7492-294-1|páxina= |páxinas= |dataacceso=4 de xullo de 2012 |url=}}

===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=47 Biografía no Álbum de mulleres]
*[http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=47 Biografía no Álbum de mulleres]
Liña 29: Liña 31:
{{DEFAULTSORT:Rios Lazcano, Isabel}}
{{DEFAULTSORT:Rios Lazcano, Isabel}}
[[Categoría:Sindicalistas]]
[[Categoría:Sindicalistas]]
[[Categoría:Exilio galego]]
[[Categoría:Galegos de Arxentina]]
[[Categoría:Galegos de Chile]]
[[Categoría:Nados en Curtis]]
[[Categoría:Nados en Curtis]]

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2012 ás 15:56

Isabel Ríos Lazcano, nada o en Curtis 12 de xullo de 1907 e finada en Madrid o 17 de xuño de 1997, foi unha sindicalista e guerrilleira galega.

Traxectoria

Comezou os seus estudos primarios cunha mestra da aldea de Pedrouzos. Fixo varios intentos de exame por libre de Perito Mercantil, até que se presentou a unhas oposicións para Facenda, nas que conseguiu praza na Subdelegación de Xixón.

Antes de partir ao seu destino laboral coñeceu a Manuel Calvelo López, que se atopaba veraneando en Curtis, con quen casou o 7 de xullo de 1929. Marcharon a Los Llanos (na illa de La Palma) onde Manuel exerceu a súa profesión de médico.

En 1932 o matrimonio trasladouse a Curtis para ter o primeiro fillo; ese ano a familia mudouse a Madrid co obxectivo de marchar a Alemaña para que Manuel fixera o doutoramento. Coa chegada de Hitler ao poder deciden quedar en Madrid, onde Manuel traballou como profesor adxunto na Cátedra de Patoloxía do profesor Roberto Nóvoa Santos.

En 1934 afiliouse ao Partido Comunista e, aproveitando unha viaxe a Curtis, organizou alí a primeira célula. Despois de traballar en Madrid, foi trasladada a Lugo, a onde ía todos os días dende Curtis.

Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, foi detida co seu home o 5 de agosto e trasladados a Curtis. Ao día seguinte foron levados ao cárcere de Santiago. O 19 de decembro celébrase o Consello de guerra que condena ao matrimonio á pena de morte.

A execución da sentencia estaba prevista para o día 24, pero as autoridades postergárono para o 31 de decembro. O día 30 comunicáronlle que lle conmutaran a pena pola de reclusión perpetua, mentres que Manuel Calvelo foi fusilado ese mesmo día.

Isabel percorreu durante sete anos as cadeas de Santiago, Saturrarán e Betanzos, e foi posta en liberdade condicional en 1943.

En 1946 trasladouse a vivir á Coruña. O acoso policial era incesante e decidiu marchar a Bos Aires, onde tiña familia, para deixar os fillos ao seu coidado e volver a Galicia para incorporarse á guerrilla. O 18 de xullo embarcou cos seus fillos rumbo a Río da Prata. Reiniciou a súa militancia comunista no seo da emigración. Incorporouse á Federación de Sociedades Gallegas, onde participou na comisión feminina e na de cultura.

A principios dos anos 60 cos cambios producidos en China, Isabel e un grupo de comunistas comezan a ter diferenzas ideolóxicas co PCE e finalmente foi expulsada xunto con outros militantes por seren considerados "fraccionistas". En 1966 debido ao golpe militar de Onganía, o seu fillo Roberto Calvelo trasladouse a Chile e ela seguiuno. Roberto fora contratado polo Ministerio de Educación de chile e en 1971 pasou a ser consultor da FAO. En 1973 o golpe de Pinochet volve levala outra vez ao exilio trasladándose a Perú. En 1975 o seu fillo Manuel invitouna a pasar unhas vacacións ao estado español; ao pouco de chegar conseguiu reincorporarse no seu posto laboral no Ministerio de Facenda e estableceuse en Madrid.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ríos, Isabel (1998). Ediciós do Castro, ed. Testimonio de la Guerra Civil. Sada. ISBN 84-7492-294-1. 

Ligazóns externas