Cheminea: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xián (conversa | contribucións)
ou fumeira, sinónimo segundo o dicionario académico
Liña 2: Liña 2:
[[Ficheiro:Central termica endesa 01.JPG|miniatura|dereita|200px|Cheminea industrial da central térmica das Pontes (A Coruña)]]
[[Ficheiro:Central termica endesa 01.JPG|miniatura|dereita|200px|Cheminea industrial da central térmica das Pontes (A Coruña)]]


Unha '''cheminea''' é un sistema usado para ventilar gases quentes e fume de [[caldeira]]s, [[quentador]]es, [[estufa]]s, [[forno]]s, [[fogón|fogóns]] ou [[lareira]]s á atmosfera. Atópanse en vivendas, [[locomotora]]s, factorías, barcos, etc. A altura do conduto xoga un papel especial para faciliar a saída dos fumes.
Unha '''cheminea''' ou '''fumeira''' é un sistema usado para ventilar gases quentes e fume de [[caldeira]]s, [[quentador]]es, [[estufa]]s, [[forno]]s, [[fogón|fogóns]] ou [[lareira]]s á atmosfera. Atópanse en vivendas, [[locomotora]]s, factorías, barcos, etc. A altura do conduto xoga un papel especial para faciliar a saída dos fumes.


==Etimoloxía==
==Etimoloxía==

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2012 ás 18:22

Cheminea de (Graz, Austria)
Ficheiro:Central termica endesa 01.JPG
Cheminea industrial da central térmica das Pontes (A Coruña)

Unha cheminea ou fumeira é un sistema usado para ventilar gases quentes e fume de caldeiras, quentadores, estufas, fornos, fogóns ou lareiras á atmosfera. Atópanse en vivendas, locomotoras, factorías, barcos, etc. A altura do conduto xoga un papel especial para faciliar a saída dos fumes.

Etimoloxía

O termo galego máis común é cheminea, pero tamén atopamos: chaminea ou chaminé. É un galicismo: do francés cheminée (do latín: caminus = camiño).

Características

Adoitan ser completamente verticais para asegurar que os gases quentes poidan fluír sen problemas, movéndoos por convección. Tamén existen as chemineas que non son completamente verticais, que se instalan en cociñas ou pequenas salas de caldeiras para evacuar os fumes a través de orificios efectuados nos paramentos. As cheminenas así construídas deben dispor de mallas de protección para evitar que o paxaros aniñen no seu interior, así mesmo débeselles dar unha inclinación diferente a 0º para facilitar a saída de fumes. O espazo dentro dunha cheminea denomínase "conduto de fume". As chemineas poden atoparse en edificios, locomotoras ou en navíos. Á corrente de aire que orixina o lume e que fai que o fume ascenda pola cheminea denomínase tiro.

A cheminea na construción galega

O termo cheminea refírese só ao conduto polo que sae o fume, a feluxe e os gases da lareira. Na construción tradicional galega a cheminea só aparece nas casas grandes, castelos e pazos. Normalmente contaban cunha lareira de gran tamaño, que esixía unha saída ampla de fumos. Para iso construíanse cambotas de madeira e/ou pedra con chemineas que ás veces chegan a ter dous metros de ancho. Algunhas, contan cun curioso sistema de evacuación das augas da chuvia. O conduto soe ser de pedra (granito e/ou xisto), moitas das veces rematado con enfeites. Tamén existen chemineas de madeira.

As vivendas máis humildes, aínda que con lareira, carecían de cambota e cheminea, saíndo o fume directamente pola cuberta de colmo, tella ou lousa. A partir dos anos 40, a cheminea comeza a aparecer en todas as vivendas.

Cheminea na natureza

O termo cheminea tamén pode aplicarse a aspectos da natureza, particularmente en formacións rochosas.

Nun volcán unha cheminea é o conduto que comunica o reservorio de magma ou cámara magmática en profundidade coa superficie.

Desenvolvemento dunha cheminea

  • Q = caudal volumétrico de fume na cheminea, m³/s
  • A = sección-cruzada da área da cheminea, m²
  • C = coeficiente de descarga (~ 0.65 a 0.70)
  • g = 9.81 m/s²
  • H = altura da cheminea, m
  • Ti = media da temperatura interna, K
  • Te = temperatura externa ambiente, K

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas