Invasión soviética de Polonia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 28: Liña 28:
}}
}}

A '''invasión soviética de Polonia de 1939''' foi unha operación militar da [[Unión Soviética]] iniciada sen unha dclaración formal de guerra o día [[17 de setembro]] de [[1939]], durantes as primeira fases da [[Segunda Guerra Mundial]]. Dezaseis días despois de que a [[Alemaña nazi]] invadise Polonia dende o oeste, a Unión Soviética fixo o mesmo dende o leste. A invasión retatou o [[6 de outubro]] de [[1939]] coa división e anexión de toda a [[Segunda República Polaca]] polos alemás e os soviéticos.
A '''invasión soviética de Polonia de 1939''' foi unha operación militar da [[Unión Soviética]] iniciada sen unha declaración formal de guerra o día [[17 de setembro]] de [[1939]], durantes as primeira fases da [[Segunda Guerra Mundial]]. Dezaseis días despois de que a [[Alemaña nazi]] invadise Polonia dende o oeste, a Unión Soviética fixo o mesmo dende o leste. A invasión retatou o [[6 de outubro]] de [[1939]] coa división e anexión de toda a [[Segunda República Polaca]] polos alemás e os soviéticos.

A comezos de [[1939]] a Unión Soviética iniciou negociacións co [[Reino Unido]], [[Francia]], [[Polonia]] e [[Romanía]] para establecer unha alianza contra a Alemaña nazi. As negociacións fallaron cando os soviéticos esixiron a Polonia e Romanía dereitos de tránsito para as súas tropas no seu territorio como parte dun acordo colectivo de seguridade. O fracaso desas negociacións levaron á Unión Soviética a asinar o [[pacto Ribbentrop-Molotov]] coa Alemaña nazi o [[23 de agosto]]; este era un pacto de non-agesión que contiña un protocolo segredo para dividirse o norte e o leste de [[Europa]]. Unha semana despois de asinar o tratado as forzas alemás invadiron Polonia dende o norte, oeste e sur. As forzas polacas retiráronse cara o sueste e preparáronse para a defensa na cabeza de ponte romanesa, agardando polo apoio francés e británico. O [[Exército Vermello]] invadíu o [[Kresy]] (as provincias da fronteira leste) segundo o protocolo segredo o día [[17 de setembro]]. O goberno soviético anunciou que estaba actuando para protexer aos ucraínos e bielorrusos que vivían na parte leste de Polonia, debido a que o estado polaco colapsara polo ataque alemá e non podía garantir a seguridade dos seus propios cidadáns. Cunha segunda fronte, o goberno polaco chegou á conclusión de que a defensa da cabeza de ponte romanesa xa non era factible, e ordenou a evacuación de emerxencia de todas as tropas á neutral [[Romanía]].

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2012 ás 13:56

Invasión soviética de Polonia

Forzas soviéticas marchan a través de Polonia.
Data: 17 de setembro6 de outubro de 1939
Lugar: Polonia
Conflito: Segunda Guerra Mundial
Desenlace: vitoria soviética
Resultado: o territorio de Polonia foi dividido e anexionado
Combatentes
Polonia Unión Soviética
Forzas en combate
20.000 Corpo de protección de fronteiras

250.000 Exército polaco

466.516 - 800.000 soldados

33 divisións
11 brigadas
4.959 canóns
4.736 tanques
3.300 avións

Efectos
Mortes: 3.000 - 7.000 mortos ou desaparecidos

máis de 20.000 feridos

Mortes: 1.475 - 3.000 mortos ou desaparecidos

2.383 - 10.000 feridos

A invasión soviética de Polonia de 1939 foi unha operación militar da Unión Soviética iniciada sen unha declaración formal de guerra o día 17 de setembro de 1939, durantes as primeira fases da Segunda Guerra Mundial. Dezaseis días despois de que a Alemaña nazi invadise Polonia dende o oeste, a Unión Soviética fixo o mesmo dende o leste. A invasión retatou o 6 de outubro de 1939 coa división e anexión de toda a Segunda República Polaca polos alemás e os soviéticos.

A comezos de 1939 a Unión Soviética iniciou negociacións co Reino Unido, Francia, Polonia e Romanía para establecer unha alianza contra a Alemaña nazi. As negociacións fallaron cando os soviéticos esixiron a Polonia e Romanía dereitos de tránsito para as súas tropas no seu territorio como parte dun acordo colectivo de seguridade. O fracaso desas negociacións levaron á Unión Soviética a asinar o pacto Ribbentrop-Molotov coa Alemaña nazi o 23 de agosto; este era un pacto de non-agesión que contiña un protocolo segredo para dividirse o norte e o leste de Europa. Unha semana despois de asinar o tratado as forzas alemás invadiron Polonia dende o norte, oeste e sur. As forzas polacas retiráronse cara o sueste e preparáronse para a defensa na cabeza de ponte romanesa, agardando polo apoio francés e británico. O Exército Vermello invadíu o Kresy (as provincias da fronteira leste) segundo o protocolo segredo o día 17 de setembro. O goberno soviético anunciou que estaba actuando para protexer aos ucraínos e bielorrusos que vivían na parte leste de Polonia, debido a que o estado polaco colapsara polo ataque alemá e non podía garantir a seguridade dos seus propios cidadáns. Cunha segunda fronte, o goberno polaco chegou á conclusión de que a defensa da cabeza de ponte romanesa xa non era factible, e ordenou a evacuación de emerxencia de todas as tropas á neutral Romanía.

O Exército Vermello, moito máis numeroso que a resistencia polaca, acadou os seus obxectivos, e capturou a uns 230.000 prisioneiros de guerra. O goberno soviético anexionou o territorio baixo o seu control, e no mes de novembro fixo que os 13,5 millóns de cidadáns polacos das zonas controladas pasasen a ser cidadáns da Unión Soviética. Inmediatamente comezaron unha campaña de sovietización nos novos territorios adquiridos. Realizaron unhas eleccións coa intención de lexitimar a anexión do leste de Polonia, e sufocaron a oposición por medio de execucións sumarias e milleiros de detencións. A Unión Soviética enviou a centos de persoas a Siberia e outras zonas remotas do país en catro grandes ondas de deportación entre 1939 e 1941.

As forzas soviéticas ocuparon o leste de Polonia ata o verán de 1941, cando foron expulsados pola invasión do exército alemán durante a Operación Barbarossa. A zona estivo baixo a ocupación nazi ata que o Exército Vermello reconquistouna no verán de 1944. Un acordo na Conferencia de Yalta permitíu á Unión Soviética anexionarse case toda a súa porción da Segunda República Polaca segundo o Pacto Molotov-Ribbentrop, compensando á República Popular de Polonia coa metade sur de Prusia Oriental e territorios ao leste da liña Oder-Neisse. A Unión Soviética integrou os territorios invadidos nas Republicas Socialistas Soviéticas de Ucraína e Bielorrusia.