Fraga, Huesca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: uz:Fraga
Liña 58: Liña 58:
[[ru:Фрага]]
[[ru:Фрага]]
[[uk:Фрага (Уеска)]]
[[uk:Фрага (Уеска)]]
[[uz:Fraga]]
[[war:Fraga]]
[[war:Fraga]]

Revisión como estaba o 2 de xullo de 2012 ás 22:19

Vista xeral de Fraga.

Fraga é unha localidade e un concello aragonés, de 12.868 habitantes, situado no extremo sueste da provincia de Huesca, no último treito do Val do río Cinca (a 115 km de Zaragoza e a 25 km de Lleida). O municipio, con 435 km² de área, é un dos máis extensos de España. É cabeza do partido xudicial homónimo e capital da comarca do Baixo Cinca. Oficiosamente é considerada a capital da Franja de Ponent

Clima

Fraga ten un clima mediterráneo continentalizado, cunhas temperaturas medias anuais de 14,7 ºC e un promedio de precipitacións de 384 mm, que se rexistran na primavera e, especialmente, durante o outono.

Historia

O territorio onde se asenta Fraga pertenceu en época prerromana ao pobo ibérico dos ilergetes. Durante a dominación romana pasaba por aquí a vía que unía Zaragoza con Tarragona. Aínda que se ten defendido que Fraga era cidade dita Colonia Gallica Flavia, non hai probas que o confirmen.

A partir do século VIII a comarca pasou a formar parte do Al-Andalus, e a cidade foi coñecida como Medina Afraga. Foi tomada polos cristiáns, dirixidos por Ramón Berenguer IV o 24 de outubro de 1149.

Xeolingüística

Fraga pertence á área lingüística catalá-occidental. O idioma catalán utilízase na cidade e arredores, pero non con igualdade fronte ao castelán que domina. Só moi recentemente se autorizou o ensino de catalán nos niveis primario e secundario.

Economía

A cidade constitúe un importante centro do sector servizos, que ocupa un terzo da poboación activa. O sector primario da comarca está especializado no cultivo de froiteiras, especialmente figueiras.

Patrimonio monumental

Torre dos Frades
  • Igrexa de San Pedro, románica, do século XII, asentada sobre a antiga mezquita.
  • Pazo Montcada, da familia dos señores da cidade.
  • Torre dos Frades, do século XIII, que se coida construída polos templarios.
  • Castelo medieval, con as ruínas da igrexa de San Miguel.
  • Museo Salvador Sabaté, con obra dese pintor catalán, afincado na cidade.
  • Nos arredores a romana Villa de Fortunatus.

Nativos ilustres

Imaxes de Fraga