Erich Mielke: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Erich Fritz Emil Mielke''', nado o 28 de decembro de 1907 en Berlín e finado o 21 de maio de 2000 na mesma cidade, foi un destacado membro do [[Partido Com..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de xullo de 2012 ás 20:17

Erich Fritz Emil Mielke, nado o 28 de decembro de 1907 en Berlín e finado o 21 de maio de 2000 na mesma cidade, foi un destacado membro do Partido Comunista da República Democrática de Alemaña.

Trala demisión de Ernst Wollweber foi nomeado ministro de Seguridade Estatal da RDA, sendo polo tanto un dos pincipais responsabeis do aparello policial e de intelixencia da República, a Stasi.

No ano 1993 foi condeado a seis anos de prisión pola suposta participación na República de Weimar dun atentado que supuxo a morte de dous oficiais de policía prusianos no ano 1931 durante os convulsos anos que precederon á chegada ao poder de Adolf Hitler, a condea fundamentouse sobre os procesos que tiveron lugar despois do 1933, e xa baixo a influencia nacionalsocialista.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Escolma de artigos xornalísticos