Camerún: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m elimino a Categoría:África mediante HotCat
Liña 117: Liña 117:


[[Categoría:Países de África]]
[[Categoría:Países de África]]
[[Categoría:África]]
[[Categoría:Camerún]]
[[Categoría:Camerún]]



Revisión como estaba o 29 de xuño de 2012 ás 18:04

Modelo:País

Camerún é un país africano. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao leste con Chad e a República Centroafricana, ao sur co Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial) e ao leste co Golfo da Guinea, a través do cal fai fronteira con Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa capital é Yaoundé.

Historia

Artigo principal: Historia do Camerún.

Os primeiros habitantes do que hoxe é Camerún foron os baka, un pobo pigmeo que logo da migración bantú quedou reducido aos lugares máis inaccesibles. Os portugueses chegaron á costa camerunesa a fins do século XV e comezos do XVI, a malaria non permitiu que estableceran asentamentos permanentes. Os primeiros asentamentos estables europeos datan de finais da década de 1870, cando o uso da quinina fixo posible combater a malaria. No inicio, os europeos estaban sobre todo interesados en comerciar, o que facian na zona costeira, e adquirir escravos. O comercio de escravos foi reprimido a mediados do século XIX, ainda no remate dese século instálaronse no Camerún misións cristás, as cales continuan a desempeñar un papel na vida do país.

O 5 de xullo do 1884 a totalidade do territorio camerunés e algúns territorios veciños tornaronse a colonia alemá de Kamerun, coa capital situada primeiramente en Buea e despois en Yaoundé. Despois do final da Primeira Guerra Mundial, o Reino Unido e a Francia dividiron esta colonia, cabendo á Francia a maior área, sendo as zonas máis distantes transferidas para o dominio doutras colonias francesas, e gobernando o restante a partir de Yaoundé.

O Camerún francés acadou a independencia no 1960 baixo a denominación de República do Camerún. Ao ano seguinte, a maioría musulmana do norte, que dominaba dous terzos do Camerún britanico, votou pola adhesón á Nixeria, en canto que no sur a maioría cristiá, votou de forma que o outro terzo do Camerún britanico se adherise á República do Camerún, formando a República Federal do Camerún.

Goberno e política

O presidente Paul Biya.

Goberna desde 1982 Paul Biya da Alianza Democrática Popular (APDC). A APDC tamén obtivo o control do Parlamento en 1992 e Bija foi reelixido ese ano e en 1997. O principal grupo de oposición, o Fronte Socialdemócrata, cuestionou o resultado deses comicios. En 1997, o seu candidato, John Ndi, rexeitou a vitoria de Bija.

Organización político-administrativa

O Camerún dividense en dez provincias, respectivamente:

Provincias
1 Adamaoua
2 Centro
3 Este
4 Extremo-Norte
5 Litoral
6 Norte
7 Nor-Oeste
8 Oeste
9 Sur
10 Sur-Oeste.

A maior parte desta provincias foron definidas na década de 1960. As provincias Centre e Sud surxe da ruptura da provincia Centre-Sud en 1983, no mesmo ano, Adamaoua e Extreme-Nord surxe debido á escisión da provincia Nord.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Camerún.
Mapa de Camerún.

Camerún atópase situado no golfo de Guinea.

Limita ao norte e ao oeste con Nixeria, ao sur con Gabón e Guinea Ecuatorial, ao leste coa República Centroafricana e Chad. Ao oeste limita co océano Atlántico.

No país distínguense varias rexións. Unha delas é a rexión litoral que vai desde a costa fronteiriza con Nixeria ata a fronteiriza con Guinea Ecuatorial. A cidade máis importante da costa de Camerún é Buea. Posteriormente a altura do país vaise elevando gradualmente: así, Douala atópase case ao nivel do mar, no estuario do río Wouri e Yaoundé atópase situada xa a uns 700 metros sobre o nivel do mar. Pasado Yaoundé atópase un macizo montañoso que separa esta zona do país da do norte. A cidade máis importante desta zona montañosa é Tibesti. O norte o territorio é máis chairo. As cidades máis importantes do norte de Camerún son Garoua e Maroua. No extremo norte do país atópase unha porción do lago Chad. No sur e o sueste o territorio convértese en selva, a cal vaise facendo máis espesa a medida que nos achegamos á fronteira co Congo. Na meseta oeste, na fronteira con Nixeria, atópase a zona anglófona do país, cuxa cidade máis importante é Bamenda.

Economía

Artigo principal: Economía de Camerún.

Ten reservas petroleiras que son explotadas moderadamente por empresas francesas e norteamericanas. Os principais produtos agrícolas son cacao, café e bananas pero a agricultura está moito máis diversificada ao momento de que o país se autoabastece de alimentos. Tamén hai explotación forestal.

A Unión Europea é o principal socio comercial de Camerún.De feito, o termo socio quizá non sexa o máis adecuado. En países como Camerún e Tanzania a explotación da xente autóctona e dos recursos naturais da súa terra por parte das multinacionais europeas ou americanas establecidas alí en forma de planta extractora de cru (por pór un exemplo) está cumpridamente documentada. Para máis información e crecemento persoal: O pesadelo de Darwin (película- documental de Hubert Sauper).

Demografía

Casas obús do norte de Camerún.
Artigo principal: Demografía de Camerún.

Ao ano 2007, Camerún ten unha poboación de 18.000.000 habitantes. O 99% é negra e o restante 1% é branca (europeos ou descendentes). Os dous idiomas oficiais son o inglés e o francés. A esperanza de vida é de 52 anos. A media de fillos por muller é de 4,49. O 79% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 7% da poboación está infectada co VIH (virus da sida).

Cultura e educación

Artigo principal: Cultura de Camerún.

En educación, existiron dous sistemas, un en inglés e o outro en francés logo da independencia. O sistema do Camerún do Leste foi baseado no modelo francés, Camerún do Oeste uso o modelo británico. Os dous sistemas foron combinados no ano 1976. As escolas cristiás e misioneiras foron unha parte importante do sistema educativo. Nas áreas meridionais do país case todos os nenos da idade de educación primaria asisten á escola. Con todo, no norte, sempre foi unha parte illada do Camerún, o absentismo escolar é alto. A maioría dos estudantes en Camerún non chega máis aló do nivel primario.

O país conta con tres universidades: Universidade de Yaoundé I, Universidade de Yaoundé II (con campus fóra da cidade), e a Universidade Católica para África Central (UCAC).

Deportes

A mellor participación de Camerún nos Xogos Olímpicos foi en Atenas 2004. A Selección de fútbol gañou a medalla de ouro nas xustas.

Outros logros destacados da selección de fútbol de Camerún foi ser o primeiro equipo africano en chegar aos cuartos de final, na Copa Mundial de Fútbol de 1990. Desde ese entón o equipo ten o alcume de "Os Leóns Indomables".

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA