Romanización de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 18: Liña 18:
Na Gallaecia o [[cristianismo]] foi introducido serodiamente, a mediados do século III, por soldados da [[Legio VII Gemina]]. Un episodio notorio foi a difusión do [[priscilianismo]] a fins do [[século IV]].
Na Gallaecia o [[cristianismo]] foi introducido serodiamente, a mediados do século III, por soldados da [[Legio VII Gemina]]. Un episodio notorio foi a difusión do [[priscilianismo]] a fins do [[século IV]].


As referencias documentais para o estudio da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Un listado dos principais sería o que segue: [[Apiano]], [[Tito Livio]], [[Floro]], [[Orosio]], [[Estrabón]], [[Pomponio Mela]], [[Plinio]], [[Ptolomeo]], [[Rufo Festo Avieno]], [[Hidacio]] e [[Martiño de Dumio]], e no [[Itinerario de Antonino]].
As referencias documentais para o estudio da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Un listado dos principais sería o que segue: [[Apiano]], [[Tito Livio]], [[Floro]], [[Orosio]], [[Estrabón]], [[Pomponio Mela]], [[Plinio o Vello]], [[Ptolomeo]], [[Rufo Festo Avieno]], [[Hidacio]] e [[Martiño de Dumio]], e no [[Itinerario de Antonino]].


Trátanse de breves descricións de Galicia que como a feita por Mela na súa obra ''Coreografía'' aportan poucos datos, e que neste caso fala do territorio dos ''Celtici''.
Trátanse de breves descricións de Galicia que como a feita por Mela na súa obra ''Coreografía'' aportan poucos datos, e que neste caso fala do territorio dos ''Celtici''.

Revisión como estaba o 28 de xuño de 2012 ás 22:03

Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)
Historia de Galicia

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia
Cronoloxía de Galicia

A romanización o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.

Orixe e evolución

Campañas romanas no noroeste peninsular      D.J. Brutus no ano 137 a.C.      Cesar no 61 a.C.      Campaña do ano 26 a. C.      Campaña do ano 25 a. C.

O comezo de romanización de Galicia adóitase datar na expedición de Décimo, o Gallaico, e o seu fito de atravesar o río Lethes ou do olvido (o Limia). Porén, o noroeste peninsular non ficou integrado inmediatamente no mundo romano. Ao longo do século I foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares (Craso, Perpenna, Xulio César), de maneira que cando Augusto emprendeu as Guerras Cántabras, o noroeste era xa unha simple base de operacións. O noroeste peninsular foi organizado sobre a base do sistema pre-existente en populi e castella, representado nas inscricións por un C invertido. No ano 74 dC, concedeuse o ius latii para toda a península.

O territorio pertenceu primeiro á provincia de Lusitania, logo á Tarraconensis e finalmente constituiuse a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiuse en tres conventos (demarcacións) xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. O latín foi substituindo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no século III d.C.

Os medios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da villa romana, residencia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expandería a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaería no século II. Nas minas empregábanse escravos, mais as villae foron atendidas por colonos. A estrutura social castrexa perviviría longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.

Na Gallaecia o cristianismo foi introducido serodiamente, a mediados do século III, por soldados da Legio VII Gemina. Un episodio notorio foi a difusión do priscilianismo a fins do século IV.

As referencias documentais para o estudio da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Un listado dos principais sería o que segue: Apiano, Tito Livio, Floro, Orosio, Estrabón, Pomponio Mela, Plinio o Vello, Ptolomeo, Rufo Festo Avieno, Hidacio e Martiño de Dumio, e no Itinerario de Antonino.

Trátanse de breves descricións de Galicia que como a feita por Mela na súa obra Coreografía aportan poucos datos, e que neste caso fala do territorio dos Celtici.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas