Diferenzas entre revisións de «Gallia Narbonensis»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
m
Esta colonia primitiva, Narbo ([[Narbona]]), situada nas beiras do [[río Aude]], daralle máis tarde o seu nome a toda a provincia romana que se estrutura ao seu redor. Os romanos déronlle o nome de ''Narbo Martius'', xa que estaba dedicada a [[Marte (deus)|Marte]], deus romano da guerra. Outra cidade importante da Galia Narbonense, Aquae Sextiae ([[Aix-en-Provence]]), foi fundada na mesma época ([[-122]]). Os vinculos desta provincia con [[Roma antiga|Roma]] foron tan fortes que os romanos a miúdo se referían con [[Provincia]] só a esta rexión. esta denominación deu lugar ao actual nome de [[Provenza]] (''Provence'', en francés).
 
Roma ocupa a Galia Narbonesa mediante varias campañas militares, entre [[-125|125]] e [[-121]], co obxectivo de crear unha ligazón terrestre entre a [[Hispania]] e a [[Galia Cisalpina]]. A colonia grega de Massilia ([[Marsella]]) e a súa comarca constitúen un enclave territorial especial no seo da Narbonnensis, até a súa integración definitiva nela decretada por [[Xulio César]]. Esta medida foi tomada como castigo á cidade de Marsella, que apoiara a [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] na súa guerra contra César. Este, procónsul da Galia narbonesa do -58 ao -49, estabeleceu alí a súa base para a conquista das Galias.
 
Durante o Imperio, sobre todo a partir do principado de [[Octavio Augusto]], Narbona pasará a ser unha cidade importante. Co obxectivo de estabelecer un censo dos galos e de organizar o seu territorio, Augusto estabelécese en Narbona. No -22, a Gallia Narbonnensis pasa a ser unha provincia senatorial, isto é, situada baixo a autoridade do [[Senado romano]]. O territorio da provincia foi dividido en 22 ''civitates'', unidades administrativas intraprovinciais de diferente tamaño e creadas sobre as divisións territoriais indíxenas.
19.713

edicións

Menú de navegación