Luciferina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 21: Liña 21:
=== Bacterias ===
=== Bacterias ===


As luciferinas bacterianas son un tipo de luciferinas atopadas en bacterias que viven dentro de tecidos especializados dalgunhas [[lura]]s e [[peixe]]s. Estes animais, a diferenza dos vagalumes, non teñen bioluminiscencia propia, e son estas bacterias simbióticas as que lles dan luminiscencia. A molécula consiste nun [[aldehido]] de cadea longa e unha [[riboflavina]] fosfato reducida.
As luciferinas bacterianas son un tipo de luciferinas atopadas en [[bacteria]]s que viven dentro de tecidos especializados dalgunhas [[lura]]s e [[peixe]]s. Estes animais, a diferenza dos vagalumes, non teñen bioluminiscencia propia, e son estas bacterias simbióticas as que lles dan luminiscencia. A molécula consiste nun [[aldehido]] de cadea longa e unha [[riboflavina]] fosfato reducida.


=== Coelenterazina ===
=== Coelenterazina ===

Revisión como estaba o 24 de xuño de 2012 ás 16:14

Non confundir co personaxe Luciferina da mitoloxía greco-romana
Modelo da luciferina de vagalume. Código e cores: amarelo=xofre; azul=nitróxeno; negro=carbono; vermello=oxíxeno; branco=hidróxeno.
Estrutura da luciferina de vagalume (está colocada en posición inversa de esquerda a dereita con respecto ao modelo da molécula mostrado arriba.
Femia do vagalume Lampyris noctiluca.
Estrutura da luciferina do gasterópodo Latia.
Coelenterazine

As luciferinas (do latín lucifer, "portador de luz") son unha clase de compostos heterocíclicos que emiten luz, que se encontran en organismos bioluminiscentes. A luciferina sofre unha oxidación catalizada encimaticamente, e o intermediato inestable resultante desta reacción emite luz ao caer ao seu estado basal. O termo luciferina utilízase xenericamente para referirse a calquera molécula emisora de luz que pode ser utilizada como substrato polo encima luciferase ou fotoproteína. [1]

Tipos

As luciferinas son unha clase de pequenas moléculas substrato que en presenza do encima luciferase producen oxiluciferina e enerxía en forma de luz. Non se sabe cantos tipos de luciferina hai, pero algúns dos compostos deste tipo mellor estudados son os que se indican máis abaixo. Aínda que hai moitos tipos de luciferinas, todos comparten o uso de especies reactivas do oxíxeno para emitiren luz. [2]

Vagalumes

Artigo principal: luciferina do vagalume.

Esta luciferina encóntrase en moitas especies de insectos da familia Lampyridae (vagalumes ou lucencús). É o substrato da luciferase (número EC 1.13.12.7) responsable da característica emisión de luz amarela dos vagalumes. A química da reacción é inusual, xa que se require ATP para a emisión de luz. [3]

Gasterópodos

A luciferina de Latia é propia do caracol de auga doce Latia neritoides. A súa denominación química é: (E)-2-metil-4-(2,6,6-trimetil-1-ciclohex-1-il)-1-buten-1-ol formato. [4]

Bacterias

As luciferinas bacterianas son un tipo de luciferinas atopadas en bacterias que viven dentro de tecidos especializados dalgunhas luras e peixes. Estes animais, a diferenza dos vagalumes, non teñen bioluminiscencia propia, e son estas bacterias simbióticas as que lles dan luminiscencia. A molécula consiste nun aldehido de cadea longa e unha riboflavina fosfato reducida.

Coelenterazina

A coelenterazina atópase en radiolarios, ctenóforos, cnidarios, luras, copépodos, quetognatos, peixes e camaróns. É o grupo prostético da proteína aequorina responsable da emisión de luz azul destes seres vivos. [5]

Dinoflaxelados

A luciferina de dinoflaxelados é un derivado da clorofila e é a responsable dos fenómenos de fosforescencia nocturnos observados nas augas do mar onde abundas os dinoflaxelados. Un tipo moi similar de luciferina atópase nalgúns tipos de crustáceos eufásidos (krill).

Vargulina

A vargulina atópase en certos ostrácodos e en peixes abisais, como Poricthys. Igual ca a coelenterazina, é unha imidazopirazinona e emite principalmente luz azul.

Notas

  1. Hastings JW (1996). "Chemistries and colors of bioluminescent reactions: a review". Gene 173 (1 Spec No): 5–11. PMID 8707056. doi:10.1016/0378-1119(95)00676-1. 
  2. Hastings JW (1983). "Biological diversity, chemical mechanisms, and the evolutionary origins of bioluminescent systems". J. Mol. Evol. 19 (5): 309–21. PMID 6358519. doi:10.1007/BF02101634. 
  3. Green A, McElroy WD (1956). "Function of adenosine triphosphate in the activation of luciferin". Arch. Biochem. Biophys. 64 (2): 257–71. PMID 13363432. doi:10.1016/0003-9861(56)90268-5.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)
  4. EC 1.14.99.21. ORENZA: a database of ORphan ENZyme Activities, accessed 27 November 2009.
  5. Shimomura O, Johnson FH (1975). "Chemical nature of bioluminescence systems in coelenterates". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 72 (4): 1546–9. PMC 432574. PMID 236561. doi:10.1073/pnas.72.4.1546.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)

Ligazóns externas

  • "Major luciferin types". The Bioluminescence Web Page. University of California, Santa Barbara. 2009-01-09. Consultado o 2009-03-06.