Píxel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: vi:Pixel
Liña 69: Liña 69:
[[ur:عکصر]]
[[ur:عکصر]]
[[uz:Piksel]]
[[uz:Piksel]]
[[vi:Pixel]]
[[wa:Picsel]]
[[wa:Picsel]]
[[zh:像素]]
[[zh:像素]]

Revisión como estaba o 20 de xuño de 2012 ás 07:13

O píxel (do inglés picture element, ou sexa, "elemento da imaxe") é a menor unidade na que se descompón unha imaxe dixital, unha fotografía, un fotograma de video ou un gráfico.

Ó ampliar fortemente unha imaxe dixital (zoom), por exemplo na pantalla dun ordenador, poden observarse os píxeles que compoñen a imaxe. Os píxeles aparecen como pequenos cadrados en color, en branco ou en negro, ou en matices de gris. As imaxes fórmanse como unha matriz rectangular de píxeles, onde cada píxel forma un punto diminuto na imaxe total.

Nas imaxes de mapa de bits ou nos dispositivos gráficos cada píxel codifícase mediante un conxunto de bits de lonxitude determinada (a chamada profundidade de color), por exemplo, pode codificarse un pixel cun byte, ou 8 bits, de maneira que cada pixel admite 256 variantes (2 díxitos por bit, elevados á oitava potencia, é dicir, 2 x 2 x 2 x 2 x 2 x 2 x 2 x 2). Nas imaxes de color verdadeira, soénse usar tres bytes para definir unha color, é dicir, en total podemos representar un total de 2 elevado a 24 colores diferentes (16777216 de colores).

Para poder transformar a información numérica que almacena un pixel nunha color temos que coñecer, ademais da profundidade de color (o tamaño en bits do pixel), o modelo de color que estamos a usar. Por exemplo, o modelo de color RGB (Red-Green-Blue) permite crear unha color compoñendo tres colores básicos: o vermello, o verde e o azul. Desta forma, en función da cantidade de cada un deles que usemos veremos un resultado ou outro. Por exemplo, a color amarela obtense mesturando o vermello e o verde. As distintas tonalidades do amarelo obtéñense variando a proporción na que interveñen ambas compoñentes. No modelo RGB é frecuente que se usen 8 bits para representar a proporción de cada unha das tres compoñentes primarias. Desta forma, cando unha das compoñentes vale 0, significa que esta non intervén na mestura e cando vale 255 (2^8-1) significa que intervén achegando máximo dese tono.

A maior parte dos dispositivos que se usan cun ordenador (monitor, escáner, ...) usan o modelo RGB.

Megapíxel

O Megapíxel é un millón de píxeles e úsase normalmente na resolución das cámaras dixitais. Por exemplo unha cámara cunha resolución de 2048×1536 píxeles dise que ten "3,1 Megapíxeles" (2048 × 1536 = 3.145.728).