Diferenzas entre revisións de «Coca-Cola»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
m
 
== Historia e características ==
O nome procede de ingredientes da súa composición inicial: a folla de [[Erythroxylum coca|coca]] e a noz de [[cola]]; a bebida era por entón vendida polo seu inventor, o doutor [[John Stith Pemberton]], como un remedio milagreiro (o envase era diferente do actual).
 
Os seus principais competidores actuais no mercado mundial son: [[Pepsi-Cola]] e [[Virgin Cola]], ambas dúas tamén bebidas de cola. Fabrícanse outras colas sobre a base da receita [[OpenCola]], con [[licenza GPL]]. Hai tamén as ''altercolas''.
O seu particular sabor procede da mestura de [[azucre]] e de esencias de [[laranxa (froita)|laranxa]], [[limón]] e [[vainilla]]. Outros ingredientes como o [[ácido fosfórico]] terían un papel menor no seu gusto. O azucre caramelizado é o responsábel da cor escura da bebida. Cada fabricante con licenza da marca recibe o concentrado en grosos frascos, debéndose limitar a engadir a [[auga]]. Como esta ten diferente gusto segundo rexións e países, de aí que o sabor da Coca-Cola varíe segundo zonas.
 
O efecto estimulante orixinario era producido pola [[cocaína]], contida nas follas de [[Erythroxylum coca|coca]], e pola [[cafeína]] das [[noz de cola|noces de cola]]. En [[1906]], a Coca-Cola, vendida como un tónico cerebral, estaba case desprovista de cocaína (un 1/400 de grao por cada onza de xarope); esta proporción mantívose ata [[1929]]. A tecnoloxía suprimiu todo o contido de cocaína e a cafeína subsiste nunha taxa reducida para que a bebida conserve a súa faceta estimulante.
 
A compañía Coca-Cola é o maior consumidor mundial de extracto de [[vainilla]] natural. Así que cando, en [[1984]], para a "New Coke", foi utilizada unha nova fórmula, a economía de [[República Malgache|Madagascar]] derrumbouse, pois pasouse a utilizar un substitutivo sintético, a vainilina, baixando as compras de vainilla á metade. Por contra, o recente lanzamento dunha nova fórmula con vainilla, fixo subir os prezos dese produto.
19.713

edicións

Menú de navegación