Eslovaquia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|)
Liña 72: Liña 72:
| colspan="3" bgcolor="#ffffff" |Eslovaquia está subdividida en 8 ''[[kraj]]e'' (singular ''kraj''), cada un deles levando o nome da súa capital.
| colspan="3" bgcolor="#ffffff" |Eslovaquia está subdividida en 8 ''[[kraj]]e'' (singular ''kraj''), cada un deles levando o nome da súa capital.
|-
|-
| colspan="2" | [[Ficheiro:Slovakiakrajenumbers.png|300px|center|Regiones de Eslovaquia]]
| colspan="2" | [[Ficheiro:Slovakiakrajenumbers.png|300px|centro|Regiones de Eslovaquia]]
|-
|-
| '''Galego''' || '''Eslovaco'''
| '''Galego''' || '''Eslovaco'''

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2012 ás 15:22

Modelo:País

Eslovaquia (en eslovaco Slovensko), oficialmente República Eslovaca (Slovenská republika), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. Capital: Bratislava.

Os idiomas checo e eslovaco son moi semellantes, sendo unha máis das coincidencias entre ambos os países despois de moitos anos formando un único estado. De feito, aínda hoxe as fronteiras están marcadas nas estradas pero non chega a haber na maioría dos pasos gardas fronteirizos nin postos fronteirizos propiamente ditos, en contraste co que ocorre con outras das súas fronteiras.

Historia

A poboación eslava orixinal formouse na área onde hoxe fica a Eslovaquia no século V. A Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O ponto máis alto do estado proto-eslovaco do século IX coñecido como Gran Moravia deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino da Hungría entre os séculos XI e XIV e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata 1918. Nese ano, Eslovaquia xuntouse ás rexións da Bohemia e da veziña Moravia para formar a Checoslovaquia. Coa separación do país que se seguíu ao Acordo de Munique de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, embora debaixo dun control firme por parte da Alemaña Nazi.

Despois da Segunda Guerra Mundial, Checoslovaquia foi reconstituída e pasou a estar baixo a influencia da Unión Soviética e do Pacto de Varsovia, de 1945 en diante.

O fin da Checoslovaquia comunista en 1989 durante a pacífica Revolución de Veludo tamén significou a fin para a Checoslovaquia e a creación de dous estados sucesores: Eslovaquia e a República Checa que seguiron camiños separados a partir do 1 de xaneiro de 1993.

Eslovaquia adheriuse á Unión Europea o 1 de maio de 2004. Pasa a formar parte da eurozona o 1 de xaneiro de 2009 abandonando a coroa eslovaca e adoptando o euro como moeda.

Organización Territorial

Eslovaquia está subdividida en 8 kraje (singular kraj), cada un deles levando o nome da súa capital.
Regiones de Eslovaquia
Regiones de Eslovaquia
Galego Eslovaco
1 Bratislava Bratislavský kraj
2 Trnava Trnavský kraj
3 Trenčín Trenčiansky kraj
4 Nitra Nitriansky kraj
5 Žilina Žilinský kraj
6 Banská Bystrica Banskobystrický kraj
7 Prešov Prešovský kraj
8 Košice Košický kraj
Os kraje están subdivididos en varios okresy (singular okres), distritos. Eslovaquia ten 79 distritos.


Xeografía

Ficheiro:Xeografiaeslovaquia.png
Mapa da Eslovaquia

A paisaxe eslovaca é digna de nota, especialmente, pola súa natureza montañosa, como os montes Cárpatos desenrolándose ao longo da maior parte da metade norte do país. É nos Cárpatos onde se situan os elevados picos dos montes Tatra, un destino popular para a práctica do esquí e tamén zona de muitos lagos e vales espectaculares, ademais de albergaren o ponto máis alto da Eslovaquia: o Gerlachovský štít, con 2.655 m.

Hai tamén terras baixas nas extremidades suroeste (nas marxes do Danubio) e sueste da Eslovaquia. Os ríos principais, ademais do Danubio, son o Váh e o Hron.

O clima é temperado, con veráns relativamente frescos e invernos fríos, nevoados e húmidos.

Economía

Véxase: Economía de Eslovaquia.

Notas

Ligazóns externas

Modelo:Link FA