Contaminación: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|)
Liña 22: Liña 22:
* Contaminación difusa: A que se produce cando o contaminante chega ó ambiente de forma distribuída, non localizada. A contaminación de solos e acuíferos polos fertilizantes e pesticidas empregados na agricultura é deste tipo. Tamén é difusa a contaminación dos sollos cando a chuvia arrastra ata alí contaminantes atmosféricos, como pasa coa [[chuvia ácida]].
* Contaminación difusa: A que se produce cando o contaminante chega ó ambiente de forma distribuída, non localizada. A contaminación de solos e acuíferos polos fertilizantes e pesticidas empregados na agricultura é deste tipo. Tamén é difusa a contaminación dos sollos cando a chuvia arrastra ata alí contaminantes atmosféricos, como pasa coa [[chuvia ácida]].


[[Ficheiro:Problemas ambientais lg.jpg|miniatura|center|300px|A contaminación en [[Europa]].]]
[[Ficheiro:Problemas ambientais lg.jpg|miniatura|centro|300px|A contaminación en [[Europa]].]]


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2012 ás 15:10

Vertedura de petróleo.

A contaminación é a introdución nun medio calquera dun contaminante; é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no medio ambiente.

Tipos

En función do medio afectado

Principais efectos na saúde por contaminación do aire, da auga ou do solo (en inglés).[1][2][3]
  • Contaminación atmosférica. Debida ás emisións atmosféricas. Os contaminantes principais son os produtos de procesos de combustión convencional en actividades de transporte, industriais, xeración eléctrica e calefacción doméstica, a evaporación de disolventes orgánicos e as emisións de ozono e freóns.
  • Contaminación do medio hídrico. Presenza de contaminantes na auga (río ou mar). Os contaminantes principais son os verquidos industriais (presenza de metais e evacuación de augas a elevada temperatura) e augas servidas (saneamento de poboacións).
  • Contaminación do solo. Presenza de contaminantes no solo, principalmente debidos a actividades industriais (almacéns, verquidos ilegais), verquido de refugallos sólidos urbanos, produtos fitosanitarios empregados en agricultura (abonos e fertilizantes químicos) e xurros das actividades gandeiras.

En función da natureza do contaminante

Ficheiro:Contaminación Porto de Ribeira eue.jpg
Porto de Ribeira no ano 2005.
  • Contaminación química: Calquera das comentadas nos apartados anteriores. Un determinado composto químico introdúcese no medio.
  • Contaminación térmica: Emisión de fluídos a elevada temperatura; pódese producir en cursos de auga. O incremento da temperatura do medio diminúe a solubilidade do osíxeno na auga.
  • Contaminación acústica: A debida ó ruído provocado polas actividades industriais, sociais e do transporte, que pode provocar malestar, irritabilidade, insomnio, etc.
  • Contaminación lumínica: Brillo ou resplandor de luz no ceo nocturno producido pola reflexión e a difusión da luz artificial nos gases e nas partículas do aire polo uso de luminarias ou excesos de iluminación, así como a intrusión de luz ou de determinadas lonxitudes de onda do espectro en lugares non desexados.
  • Contaminación ou impacto visual: Xeralmente de instalacións industriais, edificios e infraestruturas, consistente no afeamento do medio.

En función da extensión da fonte

  • Contaminación puntual: Cando a fonte se localiza nun punto. Por exemplo, as chemineas dunha fábrica ou un sumidoiro.
  • Contaminación lineal: A que se produce ó longo dunha liña. Por exemplo a contaminación acústica e química polo tráfico dunha autopista.
  • Contaminación difusa: A que se produce cando o contaminante chega ó ambiente de forma distribuída, non localizada. A contaminación de solos e acuíferos polos fertilizantes e pesticidas empregados na agricultura é deste tipo. Tamén é difusa a contaminación dos sollos cando a chuvia arrastra ata alí contaminantes atmosféricos, como pasa coa chuvia ácida.
A contaminación en Europa.

Notas

  1. World Resources Institute: August 2008 Monthly Update: Air Pollution's Causes, Consequences and Solutions Submitted by Matt Kallman on Wed, 2008-08-20 18:22. Consultada o 17/04/09.
  2. waterhealthconnection.org Overview of Waterborne Disease Trends By Patricia L. Meinhardt, MD, MPH, MA, Author. Consultada o 16/04/09.
  3. Pennsylvania State University > Potential Health Effects of Pesticides. por Eric S. Lorenz. 2007.

Véxase tamén

Outros artigos