Comarca de Ferrol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|)
Liña 2: Liña 2:
|+ style="font-size: larger; margin-left: inherit;"|''' Comarca de Ferrol'''
|+ style="font-size: larger; margin-left: inherit;"|''' Comarca de Ferrol'''
|- style="text-align: center;"
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:Comarca Ferrol.png|300px|center|Situación da comarca de Ferrol]]
| colspan="2" | [[Ficheiro:Comarca Ferrol.png|300px|centro|Situación da comarca de Ferrol]]
|-
|-
| '''[[Capital]]''' || [[Ferrol]]
| '''[[Capital]]''' || [[Ferrol]]

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2012 ás 15:08

Comarca de Ferrol
Situación da comarca de Ferrol
Situación da comarca de Ferrol
Capital Ferrol
Superficie 623,5 km²
Poboación 163.158 (2008)
Densidade
Concellos 11
Xentilicio
Concellos da Comarca de Ferrol:
1. Ares
2. Cedeira
3. Fene
4. Ferrol
5. Moeche
6. Mugardos
7. Narón
8. Neda
9. San Sadurniño
10. As Somozas
11. Valdoviño

A Comarca de Ferrol sitúase na provincia da Coruña. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 163.158 habitantes, distribuídos en 11 concellos.

A comarca pódese dividir en tres subcomarcas claramente diferenciadas: Ferrolterra, integrada por Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda, mira cara a ría de Ferrol; os concellos están moi cohesionados entre si, son pequenos en extensión e teñen gran densidade de poboación; dependen en gran medida de Ferrol e Narón nas súas relacións. Desde 1971 existe unha Mancomunidade de Concellos da Comarca Ferrol, na que se integrou Valdoviño en 1977. Unha segunda zona, a máis afastada da costa, esténdese polos concellos de Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e As Somozas. A terceira consiste en Cedeira.

En todos os casos as intensas relacións funcionais con Ferrol integran estas diferentes vinculacións locais nunha unidade comarcal de orde superior.

Concellos

Pertencen á Comarca de Ferrol os seguintes 11 concellos:

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Ferrol

Véxase tamén

Ligazóns externas