Barita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: be:Барыт
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|)
Liña 1: Liña 1:
{{Mineral
{{Mineral
| imaxe = [[Ficheiro:Barita.jpg|center|250px]]<font align="right" size="1">Cristais de barita (cor gris) e rosa de barita (cor salmón)</font>
| imaxe = [[Ficheiro:Barita.jpg|centro|250px]]<font align="right" size="1">Cristais de barita (cor gris) e rosa de barita (cor salmón)</font>
| formula = '''BaSO<sub>4</sub>'''
| formula = '''BaSO<sub>4</sub>'''
| clase = Sulfatos
| clase = Sulfatos

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2012 ás 14:54

Barita
Cristais de barita (cor gris) e rosa de barita (cor salmón)
Fórmula químicaBaSO4
ClaseSulfatos
Sistema cristalinoRómbico
CorIncolora, branca, gris, amarela, vermella e azul
BrilloNacarado
Dureza3-3,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade4,48 g/cm3

A barita (tamén chamada baritina; do grego baros que significa pesado) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é BaSO4 (sulfato de bario).

Aspecto

Os cristais de barita son xeralmente tabulares e paralelos á base, en ocasións co aspecto de ataúd. Se os cristais tabulares son diverxentes forman o que se chama rosa de barita, moi parecida esteticamente á rosa do deserto do xeso.

Lugares onde se atopa

É un mineral moi común. Aparece frecuentemente nos filóns de minerais metálicos da mesma forma que o fai o cuarzo e a calcita.

Usos da barita

A barita é a principal fonte de bario. Debido a súa alta densidade (para tratarse dun mineral non metálico) a barita é usada nos lodos de perforación de pozos.

Outros sulfatos

Outros sulfatos importantes son a anglesita, a anhidrita, a celestina e o xeso.