Avalon: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|)
Liña 13: Liña 13:
Algúns estudosos das [[Materia de Bretaña|lendas artúricas]] situaron Avalon na Ile Aval, na costa da Bretaña, mentres que outros situárona en Burgh-by-Sands, en [[Cumberland]], xunto á [[muralla de Hadriano]], onde se levantou o forte romano de [[Aballava]], e outros máis cerca de [[Camboglanna]], no que agora se chama [[Castlesteads]].
Algúns estudosos das [[Materia de Bretaña|lendas artúricas]] situaron Avalon na Ile Aval, na costa da Bretaña, mentres que outros situárona en Burgh-by-Sands, en [[Cumberland]], xunto á [[muralla de Hadriano]], onde se levantou o forte romano de [[Aballava]], e outros máis cerca de [[Camboglanna]], no que agora se chama [[Castlesteads]].


[[Ficheiro:Burne-Jones Last Sleep of Arthur in Avalon v2.jpg|miniatura|center|520px|<small><center>"O último soño de Artur en Avalon". [[Edward Burne-Jones]].</center></small>]]
[[Ficheiro:Burne-Jones Last Sleep of Arthur in Avalon v2.jpg|miniatura|centro|520px|<small><center>"O último soño de Artur en Avalon". [[Edward Burne-Jones]].</center></small>]]
Tamén hai quen pensa que Avalon e o mundo nórdico de [[Helheim]] son o mesmo lugar pero con distinto nome.
Tamén hai quen pensa que Avalon e o mundo nórdico de [[Helheim]] son o mesmo lugar pero con distinto nome.



Revisión como estaba o 19 de xuño de 2012 ás 14:52

Avalon é o nome dunha illa lendaria da mitoloxía celta nalgún lugar das illas Británicas onde, segundo a lenda, as maciñeiras dan saborosas froitas durante todo o ano e habitan nove raíñas fadas, entre elas Morgana. O mesmo nome do lugar derivaría da palabra celta abala, mazá.

Dise que a palabra Ávalon é unha adaptación da palabra celta Annwyn ou Annuvin, que designa o lendario reino das fadas, pero, xa no século XII, Geoffrey de Monmouth pensaba que o nome deriva da tradución de "illa das mazás". Isto é moi probábel, debido a que, na lingua bretoa, mazá dise aval, e en lingua galesa dise afal (coa pronunciación do "f" como "v").

Avalon tamén foi chamada Ynys Witrin, que significa Illa de Cristal.

Localización

A lenda sitúa Avalon nalgún lugar non especificado das Illas británicas, aínda que xa a principios do século XI algunhas das tradicións artúricas indican que este lugar pode estar situado en Glastonbury, onde antes de que a zona da chaira de Somerset fose dragada, existía un outeiro (Glastonbury Tor) que se elevaba como una illa no medio dos pantanos. Segundo o cronista medieval Giraldus de Cambrai, durante o reinado de Henrique II, o abade Hernry de Blois patrocinou unha busca na zona, o cal levou ao descubrimento dun enorme ataúde de carballo cunha inscrición que rezaba Hic iacet sepultus inclitus rex Arthurus in insula Avalonia. ("Aquí, na illa de Avalón, xace o Rei Artur"). De Cambrai conta como os restos foron trasladados nunha gran cerimonia á que asistiron o Rei Eduardo I e a súa consorte, e, segundo el, agora estarían no altar maior da abadía de Glastonbury, sitio que se converteu nun foco de peregrinación até a reforma anglicana.

En calquera caso, actualmente considérase que a asociación de Glastonbury e Avalón é unha fraude. Os motivos son varios, entre eles a propia inscrición, que parecería máis adecuada ao estilo do século X, moi lonxe dos séculos V e VI nos cales presuntamente Artur viviu e morreu. Ademais, non existen referencias contemporáneas ao descubrimento, feito que non podería ter pasado desapercibido. Todo isto fai pensar que a historia foi creada pola mesma abadía para aumentar a súa reputación.

Algúns estudosos das lendas artúricas situaron Avalon na Ile Aval, na costa da Bretaña, mentres que outros situárona en Burgh-by-Sands, en Cumberland, xunto á muralla de Hadriano, onde se levantou o forte romano de Aballava, e outros máis cerca de Camboglanna, no que agora se chama Castlesteads.

"O último soño de Artur en Avalon". Edward Burne-Jones.

Tamén hai quen pensa que Avalon e o mundo nórdico de Helheim son o mesmo lugar pero con distinto nome.

Véxase tamén

Ligazóns externas