Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{SenReferencias}}
{{SenReferencias}}
[[Ficheiro:Ferdinand VII of Spain (1814) by Goya.jpg|miniatura|250px|o rei de España Fernando VII, fundador das Reais Academias de Medicina e Cirurxía.]]
[[Ficheiro:Ferdinand VII of Spain (1814) by Goya.jpg|miniatura|250px|o rei de España Fernando VII, fundador das Reais Academias de Medicina e Cirurxía.]]
A '''Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia''' fundouse en [[Santiago de Compostela]] o día [[7 de abril]] de [[1831]], ao mesmo tempo e en pé de igualdade que outras nove instaladas en [[Madrid]], [[Valladolid]], [[Sevilla]], [[Cádiz]], [[Granada]], [[Valencia - València|Valencia]], [[Barcelona]], [[Zaragoza]] e [[Palma de Mallorca]], en virtude dun Real Decreto de don [[Fernando VII]] asinado o [[28 de agosto]] de [[1827]]
A '''Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia''' fundouse en [[Santiago de Compostela]] o día [[7 de abril]] de [[1831]], ao mesmo tempo e en pé de igualdade que outras nove instaladas en [[Madrid]], [[Valladolid]], [[Sevilla]], [[Cádiz]], [[Granada, España|Granada]], [[Valencia - València|Valencia]], [[Barcelona]], [[Zaragoza]] e [[Palma de Mallorca]], en virtude dun Real Decreto de don [[Fernando VII]] asinado o [[28 de agosto]] de [[1827]]


Suxeitas as tales Academias á ''Real Junta Superior Gubernativa de Medicina y Cirugía'', atribuíselle, á galega, un territorio propio de actuación que comprendía [[Galicia]] e [[Asturias]].
Suxeitas as tales Academias á ''Real Junta Superior Gubernativa de Medicina y Cirugía'', atribuíselle, á galega, un territorio propio de actuación que comprendía [[Galicia]] e [[Asturias]].

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2012 ás 14:38

o rei de España Fernando VII, fundador das Reais Academias de Medicina e Cirurxía.

A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia fundouse en Santiago de Compostela o día 7 de abril de 1831, ao mesmo tempo e en pé de igualdade que outras nove instaladas en Madrid, Valladolid, Sevilla, Cádiz, Granada, Valencia, Barcelona, Zaragoza e Palma de Mallorca, en virtude dun Real Decreto de don Fernando VII asinado o 28 de agosto de 1827

Suxeitas as tales Academias á Real Junta Superior Gubernativa de Medicina y Cirugía, atribuíselle, á galega, un territorio propio de actuación que comprendía Galicia e Asturias.

Historia

O nacemento das citadas Academias representou a primeira tentativa seria para organizar, de maneira global, o devir da Medicina naquel momento, como demostra a cantidade e calidade das atribucións que lles foron encomendadas:

  • Impartir determinadas ensinanzas útiles á "ciencia de curar" (Matemáticas, Física experimental, Botánica);
  • favorecer os progresos da medicina estimulando a súa investigación;
  • publicar traballos científicos, preferentemente sobre "Bibliografía Médico-Cirúrxica", "Topografía médica", etc., na súa aplicación española;
  • manter correspondencia con outras Academias médicas nacionais e estranxeiras;
  • formar unha Biblioteca propia;
  • ocuparse da saúde pública (epidemias, vacinación antivariólica);
  • perseguir o intrusismo médico-cirúrxico;
  • supervisión de medicamentos;
  • asesorar, aos xuíces, en asuntos médico-legais, etc.;
  • velar pola "Policía da Facultade" (elaboración de censos dos profesionais sanitarios; control de titulacións; realización dos exames do "grao de bacharel" en Medicina e das parteiras; participación nas "Juntas de Sanidad del Reino");
  • participar nos tribunais de oposición para médicos directores de establecementos hidrotermais, etc.

Estrutura

Presididas estas Academias pola "Real Junta Superior Gubernativa de Medicina y Cirugía", que delegaba as súas funcións no Capitán Xeneral das rexións que o tiñan, como era o caso de Galicia, estruturáronse nos tres niveis seguintes:

  • Os académicos numerarios. Pertencían a esta clase, por razón do seu cargo, os catedráticos dos Reales Colegios de Medicina y Cirugía e os de Medicina das Reais Universidades. Outros eran propostos e votados entre os profesionais da "ciencia de curar" máis prestixiosos, académicos agregados e académicos correspondentes, elixíndose, de entre os primeiros a quen debían desempeñar os cargos de goberno, que eran:
  • Vicepresidente, que de ordinario actuaba como Presidente "en funcións" pois, como se di arriba, a Academia estaba presidida polo Capitán Xeneral. O primeiro que ostentou este cargo foi D. Juan de Barcia y Ávila La Cueva.
  • Secretarios, un "de goberno" e outro "de correspondencias extrangeras" e Bibliotecario-arquiveiro.

Sesións e comisións. As cuestións estudábanse en sesións ou xuntas, "literarias" (onde se trataban asuntos científicos) e "de goberno" (en que se vían e dilucidaban os asuntos referentes ao control sanitario e ás cuestións da propia Institución) tanto ordinarias como extraordinarias celebradas, aquelas, con periodicidade quincenal, habitualmente. Existían Comisións especializadas para o mellor tratamento dos problemas que se plantexaban. O suu número e denominación variou ao longo do tempo, baixo o influxo dos cambios de aqueles: así, por exemplo, diremos que en 1 de xaneiro de de 1833, existían seis "Comisións permanentes":

  • de Sanidade ou Hixiene Pública
  • de Policía da Facultade
  • de Topografías
  • de Vacinación
  • de Augas minerais
  • de Subdelegacións

Subdelegacións. O territorio asignado a cada Academia estaba dividido en "Subdelegacións" que correspondían aos "partidos xudiciais". Delas eran responsábeis os académicos agregados ou "Subdelegados" (podía haber até dous, un para o "ramo" de Medicina e outro para o de Cirurxía, que en tempos pasados correspondían a titulacións diferentes) aos que se consideraba como "académicos agregados". Bos coñecedores da problemática da súa Subdelegación eran, nela, os "ollos e oídos" da Academia, comunicándolle, por escrito, todas as irregularidades que detectaban e esperando, para executalo, o que para resolvelas decidía aquela nas súas "Xuntas de Goberno”.

Traslado á Coruña

O traslado da Capitanía Xeneral de Galicia de Santiago de Compostela á Coruña determinou que a Academia se trasladase a esta cidade, dado que o seu presidente era o Capitán Xeneral. Isto ocorreu o 18 e xullo de 1833, oito días despois da orde cursada pola "unta Superior Gubernativa de Medicina y Cirugía". Nesta cidade da Coruña, a Academia mantense até os nosos días.

Asuntos a destacar no século XIX

Durante o período 1833-1900, a rexia institución continuou o exercicio das súas competencias en forma similar, estatutaria, a como fixera en Santiago entre 1831-33. Sen embargo convén resaltar as seguintes incidencias:

1854. Participou na loita contra as epidemias que asolaron Galicia durante a segunda metade do século XIX, a maioría de cólera e tifus.

1898. Créanse os Colexios Oficiais de Médicos que, ao ir asumindo progresivamente determinadas competencias que tiñan as Reais Academias, determinaron a perda fáctica das mesmas por estas. Esa redución competencial proseguiu, sen que ningunha disposición oficial o determinase de forma expresa, por dúas novas causas fundamentais: o exercicio paralelo das mesmas funcións por outros organismos, novos ou reestruturados (Sanidade estatal, Facultades de Medicina, etc.) e o progreso das ciencias médicas que, ao erradicar, por exemplo, a maioría das vellas epidemias, fixo innecesarias moitas das actuacións neste campo.

Século XX

1918. A actividade da Academia interrómpese causa de forza maior: a epidemia de gripe que asolou Europa durante o bienio 1918-19 (despois da I Guerra Mundial).

1923-25. O mesmo sucedeu durante o trienio 1923-25 por problemas de local e motivos económicos.

1945. A Academia pasa a denominarse "Real Academia de Distrito de Galicia y Asturias", co ánimo de igualar o seu territorio ao do respectivo "distrito universitario", neste caso o da Universidade de Santiago de Compostela, dotándose, ademais, dun novo Regulamento. Dito regulamento determinaba que podían seren nomeados académicos numerarios doutores non residentes na cidade da Coruña. O primeiro ingreso desta etapa foi o de D. Arturo Fernández Cruz, Catedrático de Patoloxía Médica da Facultade de Medicina de Santiago (8-III-1947).

1972. Créase a "Real Academia de Medicina de Asturias", en Oviedo (ao mesmo tempo que as situadas en Bilbao e Salamanca, para as súas respectivas zonas).

1986. A Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia pasa a integrarse no Instituto de España como Academia asociada.

A Academia na actualidade

Os Estatutos vixentes, que datan de 1970, especifican que as "misións principais" son:

  • 1ª Cultivar e estimular o estudo e a investigación das ciencias médicas.
  • 2ª Estudar e publicar a xeografía médica do Distrito respectivo.
  • 3ª Recoller cantos materiais sexan útiles para a formación da Historia crítica e da Bibliográfica da Medicina patria.
  • 4ª Auxiliar á autoridades nas cuestións sanitarias, ben evacuando as consultas que se lle fagan, ben elevando espontaneamente escritos oportunos relacionados con asuntos médicos de interese.
  • 5ª Emitir os informes de medicina forense e de medicina do traballo que polas autoridades competentes lles foran interesados.
  • 6ª Emitir os informes a particulares sobre asuntos da súa competencia.
  • 7ª Conservar e cultivar unha Biblioteca especializada, adquirindo as obras nacionais e estranxeiras e as revistas máis importantes que os seus orzamentos lles permitan.
  • 8ª Informar a cantos investigadores o desexen sobre as cuestións sanitarias, científicas e bibliográficas que se lles consulten.

A Xunta de Goberno en 2011 estaba formada por:

Presidente: Excmo. Sr. D. José Carro Otero Vicepresidente: Ilmo. Sr. D. Jorge Teijeiro Vidal Secretario Xeral: Ilmo. Sr. D. Francisco Martelo Villar Vicesacretario-Contador: Ilmo. Sr. D. Luis Rodríguez Míguez Tesoureiro: Ilmo. Sr. D. Adolfo Rey Seijo Bibliotecario: Ilmo. Sr. D. Pablo Díez Baños

Véxase tamén

Ligazóns externas