Abén Humeya: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
Era membro dunha familia musulmá granadina que se reclamaba descendente dos [[Dinastía Omeia|Omeia]]s de [[Califato de Córdoba|Córdoba]] e que pactou o seu conversión durante a conquista de [[Reino de Granada|Granada]]. A cambio da súa conversión e colaboración, os [[Reis Católicos]] concederon o señorío de [[Válor]] ao avó de Abén Humeya, que adoptara o nome de ''Hernando de Córdoba'', e o dereito a ser membro do cabildo granadino. A familia fixou a súa residencia en ''[[Válor|Válor o Alto]]'' e engadiu o nome de [[Válor]] ao seu apelido, pasando a ser Córdoba e Válor, e conseguindo o alcume de ''Os Valoríes''.

Fernando de Córdoba e Válor nacido cristián en Granada e chegou a ser [[Cabaleiro vinte e catro]] da cidade de [[Granada]], é dicir membro do cabildo municipal.
Fernando de Córdoba e Válor nacido cristián en Granada e chegou a ser [[Cabaleiro vinte e catro]] da cidade de [[Granada, España|Granada]], é dicir membro do cabildo municipal.

Cando, tras o edicto de [[Filipe II de España|Filipe II]] en [[1568]] prohibindo a lingua árabe e os costumes musulmáns, estalou a insurrección dos [[mourisco]]s nas [[Alpujarras]], Fernando uniuse á [[Sublevación das Alpujarras|sublevación]], abxurando das crenzas cristiás e tomando o nome de Muhammad ibn Umayya (que pasou a pronunciarse como '''Abén Humeya'''). Mercé á influencia do seu tío, converteuse no principal dirixente da insurrección e foi proclamado rei. Os rebeldes combateron contra as tropas reais mandadas sucesivamente polo [[marqués de Mondéjar]], o marqués dos Vélez e don [[Xoán de Austria]]. A pesar de que inicialmente a iniciativa militar correspondeu aos mouriscos, non conseguiron tomar [[Berja]]. Pronto xurdiron disensións entre os propios mouriscos. Segundo uns historiadores, a arbitrariedade e tiranía que mostra Abén Humeya, xunto co seu carácter despótico e receloso, fanlle perder o apoio dos rebeldes, sendo asasinado no seu palacio de [[Laujar de Andarax]] en outubro de 1569, aínda que outros din que foi asasinado por mouriscos axentes dos casteláns. En calquera caso, é sucedido polo seu primo [[Abén Aboo]]. A revolta sería sufocada en [[1571]].

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2012 ás 14:36

Abén Humeya, de nome cristián Fernando de Válor e Córdoba e de nome musulmán Muhammad ibn Umayya, nado contra o 1545 e finado en 1569, foi un nobre mourisco.

Traxectoria

Era membro dunha familia musulmá granadina que se reclamaba descendente dos Omeias de Córdoba e que pactou o seu conversión durante a conquista de Granada. A cambio da súa conversión e colaboración, os Reis Católicos concederon o señorío de Válor ao avó de Abén Humeya, que adoptara o nome de Hernando de Córdoba, e o dereito a ser membro do cabildo granadino. A familia fixou a súa residencia en Válor o Alto e engadiu o nome de Válor ao seu apelido, pasando a ser Córdoba e Válor, e conseguindo o alcume de Os Valoríes.

Fernando de Córdoba e Válor nacido cristián en Granada e chegou a ser Cabaleiro vinte e catro da cidade de Granada, é dicir membro do cabildo municipal.

Cando, tras o edicto de Filipe II en 1568 prohibindo a lingua árabe e os costumes musulmáns, estalou a insurrección dos mouriscos nas Alpujarras, Fernando uniuse á sublevación, abxurando das crenzas cristiás e tomando o nome de Muhammad ibn Umayya (que pasou a pronunciarse como Abén Humeya). Mercé á influencia do seu tío, converteuse no principal dirixente da insurrección e foi proclamado rei. Os rebeldes combateron contra as tropas reais mandadas sucesivamente polo marqués de Mondéjar, o marqués dos Vélez e don Xoán de Austria. A pesar de que inicialmente a iniciativa militar correspondeu aos mouriscos, non conseguiron tomar Berja. Pronto xurdiron disensións entre os propios mouriscos. Segundo uns historiadores, a arbitrariedade e tiranía que mostra Abén Humeya, xunto co seu carácter despótico e receloso, fanlle perder o apoio dos rebeldes, sendo asasinado no seu palacio de Laujar de Andarax en outubro de 1569, aínda que outros din que foi asasinado por mouriscos axentes dos casteláns. En calquera caso, é sucedido polo seu primo Abén Aboo. A revolta sería sufocada en 1571.

Aben Humeya e os Xogos Mouriscos

Un dos episodios máis interesantes protagonizado por Abén Humeya foi o dos Xogos Mouriscos que, segundo o cronista Ginés Pérez de Fita, convocou en Purchena en setembro de 1569, pouco antes de morrer asasinado. Conta Pérez de Fita na 2ª Parte das Guerras Civís de Granada que, tras o errado cerco da Cidade de Vera, Abén Humeya retirouse a Purchena onde convocou estes Xogos Mouriscos que incluían probas deportivas, algunhas delas de ascendencia olímpica como a loita, o levantamento de pedra, sostemento de ladrillo, lanzamento con fonda, carreiras de velocidade e media legua, concursos de danza e canto... todo iso para ter adestrada á tropa e para recuperar as súas tradicións, vestimentas, nomes... Este feito histórico-deportivo orixinal e único, desde 1993, é recordado anualmente no municipio de Purchena (Almería) cada primeiro fin de semana de agosto. Deste evento de clara ascendencia olímpica, Juan Antonio Samaranch, presidente do Comité Olímpico Internacional ata 2001, dixo: Os Xogos Mouriscos de Aben Humeya supón refacer o elo perdido da cadea entre a Antigüidade e o mundo moderno.

Bibliografía

  • ACOSTA MONTORO, José: Aben Humeya. Rei dos moriscos. Instituto de Estudos Almerienses e Concello de Purchena: Almería, 1998. ISBN 84-8108-161-2